Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249 Hablaba Gallego. Que Bajón! - DINAMIZANDO A LINGUA
Bruto, feo, de ignorantes ... Esta foi a educación que recibiu sobre a nosa lingua?
No vídeo podes escoitar todo e máis do que está acontecendo neste país ...
"Los libros estaban en Gallego pero la única que hablaba Gallego era la de Gallego"
Que valores, ou que prexuizos estamos transmitindo?
E cando falas con "moit@s" din que esto pasaba antes e non agora.
Moito hai traballar para cambiar este país!!
Suxestión de actividades para traballar os prexuizos (sacados da Profa)
- Recompila os diferentes prexuízos que expresa a concursante ao longo das súas intervencións.
- Compartes algún ou algúns destes prexuízos?
- Por que cres que ao ler un texto en galego di que o vai traducindo?
- A situación escolar que describe cres que respecta a legalidade escolar en canto ao tratamento de linguas en Galicia no ensino nos últimos anos?
- Analiza as reaccións da súa interlocutora.
- Atopamos algún tipo de prexuízo na interlocutora?
- A visión que dá a protagonista da situación lingüística da mocidade galega cres que responde á realidade?
- Cal é a conclusión final da protagonista?
- Consideras coherente a conclusión á que chega co seu discurso anterior? Xustifica a túa resposta.
- Cambiou a imaxe previa que tiñas desta concursante de GH despois de ver o vídeo? En que sentido? Xustifica a túa resposta.
- Cres que poderiamos atopar este tipo de intervencións en concursantes procedentes doutras comunidades autónomas? Por que?
- Como galega ou galego, que sentes despois de ver este vídeo?"
Deixamos tamén unha presentación sobre os prexuizos.
Desgraciadamente todos sabemo#blgtk08#s que esto é unha realidade.
Comentario por Misi (14-02-2011 22:57)
2
El castellano tampoco lo habla muy bien la chica...En mi pueblo la gente joven habla gallego,no es para nada cierto lo que dic#blgtk08#e ella, será en su ciudad...es más,allí suelen criticarnos a los que hablamos en castellano,cosa que tampoco me parece bien...
Comentario por yolanda (15-02-2011 20:20)
3
A chica só di o que ela cre #blgtk08#non o que os demáis pensan.
Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0