Xogos de sortes: Son recitados cun ritmo ben marcado que serven para designar o/a neno/a que panda ou que libra no xogo que se vai desenvolver a continuación.
Un, dous,
tres, catro.
Sae ti,
que vén o gato.
Catro patas
ten un gato:
unha, dúas
tres e catro.
Barrabís,
barrabás,
ti quedas
e ti te vas.
Chirlosmirlos,
vaite de aí
que esta nena bonita
non é para ti.
Pinto, pinto,
gagarabinto,
teño unha vaca
de vinte e cinco.
Teño un boi
que sabe arar;
tamén sabe
trompicar;
dar a volta
ben redonda
esa nena
que se esconda.
Máis en Orella Pendella |