Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Refráns de xaneiro - DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Refráns de xaneiro

Coñeces algún outro refrán deste mes? Se así é podes engádilo nos comentarios para compartilo con tod@s.


Nós xa atopamos estes. Se non sabes o que quere dicir algún podes preguntalo e intentaremos aclararcho o máis axiña posible.


?A auga de xaneiro cada gota vale un diñeiro.?

?A auga de xaneiro, todo o ano ten tempero.?

?A flor de xaneiro no chega ao froiteiro.?

"A auga do mes de xaneiro mata ó usureiro"

"A sardiña no xaneiro, cúspelle a barba a un mariñeiro"

"Amor o primeiro, e a lúa a de xaneiro"

"Cando as ras cantan no xaneiro, sinal de fame no eido"

"En xaneiro, visita o outeiro; se ves verdegar, ponte a chorar; se ves terrexar, ponte a cantar".

?En decembro descansar, en xaneiro traballar.?

?En xaneiro sabe a berza vella a carneiro.?

?En xaneiro, mellor carballo que castiñeiro?.

?En xaneiro, pon o alleiro.?

?Entre Nadal e xaneiro, inverno verdadeiro.?

?Nadal e xaneiro, fan o inverno enteiro.?

?No mes de xaneiro, pon os pés no braseiro.?

"Por xaneiro, o ferreiro vale carneiro"

?Polo san Vicente, planta os nabos da semente.?

?Polo xaneiro verán, nin palla nin gran?.

?Poucas chuvias en xaneiro, enchen o canleiro"

?Tronos en xaneiro, mortandade no reino.?

?Xaneiro mollado, febreiro transtornado?

?Xaneiro quente, trae o demo no ventre.?


Máis de xaneiro no Refraneiro.
Comentarios (3) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 08-01-2011 10:52
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Neno de Xaneiro,forte como o sab#blgtk08#ugueiro.

Apertas
Comentario por An (09-01-2011 04:51)
2 en xaneiro medran os dia#blgtk08#s con salto de carneiro
Comentario por tino (10-01-2011 08:38)
3 "No mes de xaneiro, sete capas e un sombreiro"

"En xaneiro, San Ant#blgtk08#onio verdadeiro"

"A frol de xaneiro, nunca encheu celeiro"
Comentario por Amalia (10-01-2011 20:20)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0