 A amora é o froito da moreira (árbore) e da silveira brava, arbusto espiñento e moi invasivo do xénero Rubus, da familia das rosáceas, e achegado ao framboeseiro. Estas dúas especies, ademais, producen un híbrido orixinal cando se cruzan entre elas, a subespecie denominada Rubus × loganobaccus ou "amora de Logan" (en inglés, loganberry).
" Dizem os entendidos que a amora das silvas é depurativa, contém potássio, fósforo e cálcio. Tem acção diurética e digestiva, além de servir como adstringente quando usada na pele". Alguns componentes destas amoras podem contribuir para prevenir o mal de Alzheimer."
Branca fun cando nacín,
encarnada pra vivir,
e moura me fun quedando,
cando xa ía fuxir.
Unha longa longarela,
ten dentes coma unha serra.
Longa, longa coma a soga
e ten dentes coma a loba.
Ten dentes como unha loba
e pasa o río e non se molla.
A vella adentereda
pasa o río avegorada.
Longa, longarela,
ten dentes e traba
como unha cadela.
Un paxaro que lle gusta moito as amoras: a papuxa das amoras.
Propiedades das amorias. |