Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Ramon María Aller e a Ciencia - DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ramon María Aller e a Ciencia
A CGENDL convida a todos os centros de ensino de Galicia a organizar unha actividade conxunta e de maneira coordinada entre os departamentos e os docentes das áreas científico-tecnolóxicas, xunto cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega, dun mesmo ou varios centros escolares, co obxectivo de reinvindicar o ensino da ciencia en lingua galega. Trátase do día da ciencia en galego, a celebrar o vindeiro 4 de novembro. Nesta actividade colaborarán polo menos 15 entidades.
Os obxectivos desta xornada serán:
- Mostrar á sociedade a idoneidade do desenvolvemento das materias científico-tecnolóxicas en galego.
- Expresar publicamente que as linguas se aprenden usándoas en todos os contextos, tamén nos relacionados coa ciencia e a tecnoloxía.
- Expresar publicamente que todas AS LINGUAS son válidas para a expresión científica.
Unha das actividades propostas consiste na elaboración de carteis e exposicións diversas onde se poden incluir textos sobre Ramón Mª Aller, Alfonso X e Maxwell.
Para ir facendo unha primeira achega ao día da ciencia en galego, deixarei por aquí un vídeo que nos aproxima á figura de D. Ramón María Aller, o astrónomo de Lalín. O video é un anaco dun excelente documental que foi elaborado para a TVG. Forma parte da serie "Historias de Galicia", en concreto do capítulo titulado "As causas das cousas". Para desfrutar:





Nova sacada do bloque Carta Xeométrica.
Comentarios (0) - Categoría: Astronomía - Publicado o 17-10-2010 08:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0