|
|
|
Tipos de castaña |
|
Tipos de castaña:
Bolerca: a que abortou dentro do ourizo, que non medrou.
Brava: a do castiñeiro bravo, sen enxertar.
Bullada: a que xa pasou pola bulla.
Bullote: castaña asada no tixolo ou cacho.
Burgazo: castaña fresca cocida que se come con leite.
Crouco: a que é pequena.
Degaro: a castaña degraída. Tamén se chaman restrelos.
Degraída: cae do ourizo ó chan xa madura. Degaros.
Enxeridas: formadas por varias pezas.
Longal: tipo de castaña portuguesa.
Maia: a pilonga ou seca, e afumada.
Mamota: cocida coas dúas cascas, zoncho; é a castaña mal asada que non pela ben.
Pilonga: castaña seca.
Zoncho: a mamota. Os cativos enfíanas nun cordel a xeito de rosario para comelas.
No Caurel:
Abarqueira: a castaña baleira.
Bravas: hai anos que se dan e outros que non saen.
Picois: as que se desprezan cando se escollen ou que
parten ó debullalas para quitárlle-las tonas durante
o bandoxo.
Presa: froito dun castiñeiro bo para madeira e que rende moita cantidade de castañas. Dise que estas castañas non son as máis saborosas.
Raigonas: son as segundas en caer da árbore; as mellores para comer e as que mellor pelan.
Velliñas: é moi escura e debúllase mal.
Vérdeas: as máis saborosas e as que máis abundan, xunto
coas presas.
Outras clases de castaña:
Pagiana, Vilande, Buxeira, Agrelo, Loura, Garrida,
Papada, Cabezuda, Toubesa, Bravoleirado,Bicuda, Ousende, Oucieira.
BOLECOS: Castañas non comestibles, pequenas e aplastadas, que teñen case unicamente pel.
BARAIS: Duras pero que adoitan ser moi saborosas.
BRAVAS: Son os froitos dos castiñeiros sen enxertar.
TEMPERÁS: Redondas e pequenas, nacen antes cás outras.
RAÑUDAS: Alongadas e claras.
Máis sobre a castaña.
Ver máis no blogue do Refraneiro |
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
¡Cánto se aprende neste blogue!, é unha maravilla, está moi ben#blgtk08#; o que se necesita é tempo para pararse.
Noraboa Nito. |
|
|
Comentario por Amelia (16-10-2010 19:06) |
|
|
2 |
Whether it is the earth famous Swiss Rolex Replica watches, or use the well recognized Draw Heuer or simply Breitling Europe use#blgtk08#d .Naturally one particular simply cannot imagine real precious stones and even golden for use found in making Replica watches. |
|
|
Comentario por Replica watches (31-07-2013 09:51) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|