Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
A rateira - DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A rateira
Un rato, mirando por un buraco na parede, ve a un granxeiro e a súa muller abrindo un paquete. Sentiu emoción pensando que era o que contiña.

- Por fin chegou- dixo o granxeiro.
- Abrámolo- díxolle a súa esposa.
- Que tipo de comida pode haber alí?- pensou o rato.

Quedou aterrorizado cando descubriu, que era ¡¡Unha rateira!!

Foi correndo ao patio da granxa para avisar a todos:
- Hai unha rateira na casa, unha rateira na casa!!

A galiña que estaba cacarexando e escarvando, levantou a cabeza e dixo:
- Descúlpeme sr. rato, eu entendo que é un gran problema para vostede, máis non me prexudica en nada, non me incomoda.

Foi a contarllo ao cordeiro e este díxolle:
- Sr. rato, máis non hai nada que eu poida facer, soamente pedir por vostede, quede tranquilo que será recordado nas miñas oracións.

O rato dirixiuse entón á vaca, e a vaca díxolle:
- Pero seica, eu estou en perigo? penso que non.....é máis.....estou segura que non.

Entón o rato volveu á casa preocupado e abatido para encarar á rateira do granxeiro.

Aquela noite oíuse un gran barullo, como o dunha rateira atrapando á súa víctima, a muller do granxeiro correu para ver o que atrapara.
Na escuridade ela non viu que a rateira atrapou a cola dunha cobra velenosa, a cobra mordeu á muller. O granxeiro lévoa inmediatamente ao hospital, ela volveu con febre, todo o mundo sabe que para alimentar a alguén con febre, nada mellor que unha boa sopa.

O granxeiro agarrou a súa machada e foi a buscar o ingrediente principal: a galiña.

Como a enfermidade da muller continuaba, os amigos e veciños foron a visitala, para alimentalos o granxeiro matou o cordeiro.

Máis a muller non mellorou e acabou morrendo, e o granxeiro entón vendeu a vaca ao matadoiro para cubrir os gastos do funeral.

Así que: "A próxima vez que escoites que alguén ten un problema e creas que como non é teu, non lle debes prestar atención.....pénsao dúas veces......."

"O que non vive para servir, non serve para vivir"

"Todos tomamos distintos camiños na vida, pero non importa onde vaiamos, tomamos un pouco de cada quen." Tim McGraw
Comentarios (0) - Categoría: Contos - Publicado o 08-10-2010 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0