 Sen a lingua seriamos monicreques que dormen no faiado da Historia?
?Somos como estraños nunha terra empeñada en perder a súa fala e en renunciar a ser única no gran proxecto humano. A volta é necesaria a fin de recuperar as fontes primixenias?
"O idioma é máis importante que a arte, e mesmo que as institucións. Cada palabra nosa trae a historia dos que nos precederon. Mentres exista a nosa lingua existimos como pobo, do contrario estamos abocados a ser unha va ilusión, monicreques inanimados que dormen no faiado da Historia. A nosa nula autoestima fainos quedar sempre como por debaixo dos demais e isto é lástima porque os nosos e nosas creadores, en todos os ámbitos, están á altura das máis importantes manifestacións do mundo. Sentírmonos orgullosos do noso idioma é, a todas luces, máis beneficioso para o conxunto do país que non andar gabando o de fóra, só por ser de fóra, en detrimento do que nos é propio".
Ver todo. |