Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Carta para entregar ós pais. - DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Carta para entregar ós pais.
Do bloque Profes co Galego, sacamos a seguinte carta:

Estimados pais/nais:
Como profesorado de Matemáticas, Física e Química ou Tecnoloxía dos seus fillos consideramos importante dirixirnos a vostedes para informalos da nosa postura respecto ao Decreto para o Plurilingüismo, que afecta a toda a comunidade educativa.
Debido a que durante anos á nosa lingua lle foron negados ámbitos sociais como a educación, a prensa, o cine, a televisión, o comercio, as notarías, etcétera, espazos nos cales aínda hoxe en día o seu uso é residual, a Xunta de Galicia ten a obriga legal de fomentar o uso do galego. É por isto que non entendemos como a Consellería de Educación aprobou o Decreto para o Plurilingüismo que prohibe ao profesorado de Matemáticas, Física e Química e Tecnoloxía a continuar a impartir as clases en galego. Como profesorado contrario a esta medida que consideramos prexudicial para os seus fillos, e para que vostedes poidan xulgar dun xeito obxectivo a nosa postura, que como verán está legalmente fundamentada, queremos que dispoñan de toda a información necesaria.
Consideramos que é importante que saiban que por riba dese Decreto para o Plurilingüismo, e en contradición con el, está a seguinte normativa:
● Carta europea para as linguas rexionais ou minoritarias, que contén a obriga de asegurar o ensino en galego en todos os niveles educativos non universitarios.
● Estatuto de Autonomía para Galicia, que prevé que a lingua propia de Galicia é o galego e que os Poderes Públicos potenciarán o emprego do galego en todos os ámbitos da vida pública, cultural e informativa, e disporán os medios necesarios para facilitar o seu coñecemento.
● Lei de Normalización Lingüística, que establece que as autoridades educativas arbitrarán as medidas encamiñadas a promover o uso progresivo do galego no ensino. Neste sentido, o novo decreto é claramente regresivo, xa que se pasa de ?polo menos un 50%?, do decreto anterior, establecida para tentar restablecer a normalidade da lingua inxustamente usurpada aos galegos, a ?como moito un 50%? (mentres non teña que repartir con algunha lingua estranxeira, co que podería quedar reducido a un 33.3%), obrigando así a moitos profesores e profesoras que viñan utilizando o galego nas súas clases con total normalidade, algúns desde hai máis de 30 anos, a impartir a docencia en castelán, cun absoluto desprezo polo esforzo normalizador e innovador deste profesorado que moitas veces tivo que crear o seu propio material de traballo sen ningún tipo de apoio.
● Lei Orgánica de Educación que establece como obxectivo educativo o coñecemento efectivo e suficiente da lingua galega en todos os niveis educativos.
● Constitución que establece o principio de xerarquía normativa, que implica que as normas de rango superior prevalecen sobre as de rango inferior.
● Estatuto Básico do Empregado Público, que establece a obriga do funcionariado de se someter á Constitución e ao resto do ordenamento xurídico, coa obriga constitucional de respectar o principio de xerarquía normativa, é dicir, cando dúas normas son contraditorias, como é o caso do Decreto para o Plurilingüismo e as leis anteriores, hai obriga de cumprir a de maior rango.

Polo tanto,como servidores públicos comprometidos coa cultura e a lingua galega, declaramos que:

1. Seguiremos impartindo as nosas clases en galego, xa que consideramos que é a mellor opción para que o noso alumnado adquira competencias plenas en galego e castelán e a eliminación dos prexuízos lingüísticos contra o galego. Todas as institucións e informes (a Real Academia Galega, o Consello da Cultura de Galicia e as tres universidades galegas entre outros) indican que o galego require especial atención no ensino xa que é a lingua en inferioridade de condicións no resto dos ámbitos da sociedade: prensa, televisión, internet, radio, comercio... É de destacar que o informe Pisa indicou que a competencia do alumnado galego en castelán é superior á media española, polo que aí non está o problema. É absolutamente falso que esteamos contra o castelán, como profesorado comprometido co noso alumnado cremos en resolver os problemas nas competencias, prexuízos e actitudes, e estes problemas están actualmente no galego.

2. Non trocaremos o libro de texto actual pola súa versión en castelán, asegurándolles o mantemento e incluso a mellora na aprendizaxe nos contidos das nosas materias. Tomamos esta medida, que nos carga de traballo ao ter que elaborar máis materiais didácticos, xa que consideramos un exceso por parte da Consellería obrigar ás familias a mercar libros novos cando dispoñemos no centro de libros en perfecto uso e que non teñen máis ?tara? que estar escritos en galego. Consideramos isto un auténtico despilfarro totalmente inxusto e inxustificado en tempos de crise coma os actuais.


Ver tamén Ilegalidade do decreto polo xuíz Luís Villares.
Comentarios (1) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 13-09-2010 17:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Como nai, muller, galega agradezolles o esforzo suplementario#blgtk08# que esto supon. E que sepades que moita xente volo agradece
Comentario por bolboreta (14-09-2010 09:08)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0