Cada ano a Feira Franca vai a máis. Desta vez o tempo axudou a que fora un éxito. Nós deixamos unha pequena mostra con algunhas imaxes no vídeo que fixemos, no curto recorrido que poidemos facer.
Historia
A Feira Franca, é unha festa que ten lugar a primeira fin de semana de setembro, baséase no privilexio concedido polo rei Henrique IV no ano 1467, en virtude do cal se autorizaba a celebración dun mercado libre de impostos de un mes de duración, quince días antes e quince días despois do 24 de agosto, festividade de San Bartolomeu.
A concesión da Feira Franca coincide cun período de puxanza económica da cidade, que se prolonga ata as décadas finais do século XVI. A pesca e o comercio foron entón os dous piares do desenvolvemento económico de Pontevedra, daquela a vila máis poboada de Galicia.
A construción da Basílicia de Santa María ao longo do século XVI, impulsada pola poderosa Confraría do Corpo Santo, é a manifestación artística máis sobranceira daquela etapa de esplendor.
|