Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Carta da Coordinadora de Mestres de E. Infantil de Ourense - DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Carta da Coordinadora de Mestres de E. Infantil de Ourense
Estimados/as compañeiros/as:

Ante o inminente último intento, por agora, de retroceso da presenza do galego no ensino facemos a seguinte reflexión:

1º.- Onde van contabilizar os inmigrantes: senegaleses, marroquís, romaneses, portugueses, que deben responder? , descoñece a consellería a sociedade e os colexios galegos?
Sería necesaria a resposta outras ?

2º.- Cal é a lingua materna dun neno ou nena que escoita falar aos seus pais entre eles en galego, que comparte horas e días cos avós e que ás veces se dirixen a el en castelán?, podemos pensar que a súa lingua materna é o castelán?
Sería necesaria a resposta as dúas ?

3º.- Por que teima tanto a Consellería en escorar a resposta cara o castelán?

4º.- Teñen dereito os pais, nais e titores a coñecer a realidade das nosas aulas?, saben que se a lingua maioritaria é o castelán non terán ningunha competencia nin oral nin escrita en galego? Saben que se a lingua maioritaria é o galego acadarán competencia en galego e en castelán ? (aínda que superior en castelán)

5º.- Temos e teñen dereito pais e nais a pedir que os seus fillos e fillas sexan ignorantes na lingua propia do país? Teñen dereito a afastar aos seus fillos e fillas dunha lingua moi próxima (o portugués, a lingua dun país emerxente, o Brasil) con 240 millóns de falantes, a que sen apenas esforzo poden aprender? Saben que os emigrantes galegos acceden a postos en empresas por ter coñecemento de portugués, pasando por diante de outros que non o teñan?

6º.- Como se defenderá un neno/a de 6 anos que debe estudar Coñecemento do Medio e Lingua en galego, se non tivo antes clases no noso idioma?

Ou do que se trata de que aborreza o galego dende os primeiros cursos de primaria?

Por todo iso pensamos que non podemos quedarnos de brazos cruzados vendo como se trata de
quitarlle a unha xeración o dereito a coñecer unha parte fundamental de nós mesmos como é a
lingua.

En definitiva, podemos e debemos convocar os pais a unha reunión informativa , a que soemos facer ou en xuño ou en setembro, pero que é máis efectiva en xuño, (pois hai aspectos como o da roupa, zapatos, hábitos que non deberían esperar a uns poucos días de empezar o curso, senón que é mellor conciencialos agora); e entón explicarlles as vantaxes do bilingüismo; bilingüismo é o máis parecido a clases en galego, e clases en castelán supón saber só castelán. Témolo ben comprobado
nos colexios onde tivemos a oportunidade de dar as clases en galego, aínda que só fose durante tres ou catro anos. Ter competencia nas dúas linguas só é posible se escollen o galego como ?lingua materna?.

Animámosvos a todos/as a que faledes cos pais e lle expliquedes as nosas experiencias, e os
motivedes de forma positiva a que pidan as clases en galego
, e principalmente os que xa as tiñamos; nós somos os que mellor sabemos que os nenos non perden ningunha competencia en castelán.CMEI - MEDRAR EN GALEGO

Coordinadora provincial de mestres de Educación Infantil da provincia de Ourense


Ver Decálogo pola E. Infantil en Galego.
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 21-06-2010 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0