Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
190.000 libros ó lixo por estar en galego - DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

190.000 libros ó lixo por estar en galego
A que vos recorda esta nova? Non fai moito que lin "Os libros arden mal" de Manolo Rivas, e a verdade que o caso non é o mesmo pero semella dabondo en histeria ou loucura. Non si?

Que che falen de austeridade e que den orde de facer o que van facer... non debería ter perdón ... que animaliños!!

Coméntanos a nova Carlos Callón en Galicia Hoxe:

"190.000 libros de texto gratuítos para as familias, adquiridos polo goberno bipartito, van ir parar ao lixo, a pesar de teren unha vida útil de dous anos máis. Así o recoñece a propia Consellaría de Educación aos medios de comunicación que se fixeron eco da noticia. O motivo? Eses manuais están en galego e refírense a materias científico-técnicas cuxa docencia no noso idioma quere prohibir o goberno Feijóo a través do decretazo 79/2010.

Cómpre que a sociedade o saiba. Temos que movernos por riba das mordazas mediáticas do PP para que se coñeza que o presidente da Xunta ordena deitar ao caldeiro do lixo todos estes manuais, cuxo valor económico a Asociación Galega de Editores estima en 3,8 millóns de euros. Todos estes libros de texto non son substituídos porque houbese algunha descuberta excepcional neses ámbitos de coñecemento que os convertese en anticuados, nin porque houbese mudanzas no temario, nin porque tivesen erros pedagóxicos, nin por ningún outro motivo racional e comprensíbel. O único que lles acontece é que teñen un erro insubsanábel, un pecado orixinal: están escritos en galego, ese idioma que "por tradición" (Jesús Vázquez Abad dixit) non está feito para disciplinas como as matemáticas, a física, a química e a tecnoloxía."

Continúa lendo en Galicia Hoxe.
Comentarios (5) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 14-06-2010 22:42
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Este mismo proceso se vivió hace dos cursos pero a la inversa. Nadie protestó entonces. No me parece bien que se tiren libros, ni ahora, ni antes. Con una diferencia: los que#blgtk08# estaban en castellano se podían donar a ONGs para otros lugares de habla española. Estamos dacordo, cómpre que a sociedade o saiba, máis que o coñecemento non sexa parcial.
Comentario por Mª Cristina López Gago (15-06-2010 01:03)
2 Simplificando un pouco diría que hai dúas maneiras de facer as cousas: ben ou mal. Na situación actual, cando se fala #blgtk08#de recortes no terreo económico, cando se fala de baixar soldos e conxelar pensións, o despilfarro é aínda máis grave.
Comentario por Dido (15-06-2010 07:09)
3 Estando dacordo no principal, nin antes nin agora se deben tirar os libros ... Cabe dicir ó comentario de Mª Cristina sobre a diferenza e estando dacordo con Dido, que con máis razón o derroche agora sería máis grande ou ten menos sentido, xa que estes non se poden aproveitar...Que tería as miñas dúbidas se non se poderían aproveitar no mundo da lusofonía (máis de 250 millóns de persoas), e máis sendo de matematicas . Engado nas diferenzas, que tamén e máis escandaloso agora cando se presume de#blgtk08# tanta austeridade.
E logo entrando en sentimentalismo dicir que antes fíxose como unha medida máis, das poucas prácticas que se fixeron, para protexer a lingua propia dos galegos e intentar equiparala ó castelán. Os de agora, incluso chegaron a dicir que o castelán estaba en perigo e por iso hai tamén que protexelo. Estou dacordo que as linguas hai que protexelas, pero do castelán xa se encarga o goberno español, e de que está en perigo non sei quen o creerá, eu dende logo non.
Comentario por admin (15-06-2010 07:17)
4 Parece que nos remontamos a etapas moi escuras da historia, pero non podemos esperar #blgtk08#menos dun goberno que lle ten verdadeiro odio ao idioma propio do noso país.
Comentario por Denís Rodríguez (15-06-2010 13:23)
5 ¿Do noso "país"? ¿qué pa#blgtk08#ís? vuélvete a portugal
Comentario por mar (03-07-2010 03:35)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0