Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
O profesor de matemáticas. - DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O profesor de matemáticas.
A CGENL, a cal nós pertencemos, na segunda parte da súa campaña promocionando o galego, inclúe textos de 40 persoeiros e tamén de outros quen van deixando o súa testimuña na páxina.

Hoxe poñemos este dun profesor de matemáticas que un día recibiu unha clase especial de sociolingüística .

"Eu falaba e escribía en castelán, sempre o fixera ata aquel luns.
Era o ano 1981, eu cursaba 1º de BUP e por primeira vez, despois de oito anos de escolarización íntegramente en castelán tiña un profesor que impartía as clases en galego. Era Ricardo, o profesor de matemáticas. Efectivamente, agás esta materia e a de lingua galega todas as demais continuaban a ser en castelán.
Lémbroo con perfecta claridade, sucedeu unha mañán de principios da semana, unha mañán de chuvia e frío. Na aula de 1ºB, ateigada con 40 alumnos, durante a clase de matemáticas entra un señor vestido con traxe e luvas. Eu nunca vira antes un home con luvas. Era o inspector, mantivo unha breve einaudible conversa co profesor. Tan pronto marcha, Ricardo respira aliviado e confesa:
- Menos mal que non había nada escrito no encerado.
- E logo? ,-preguntámoslle
- Este xa lle abriu expediente a máis dun profesor por dar as clases en galego.
Eran os tempos do decreto de bilingüismo que impoñía tantas trabas ao uso do galego no ensino que, na práctica, era imposible que se impartisen aulas en galego sen incumprilo, como sucedía con Ricardo, o meu profesor de matemáticas.
Non o sabía aínda, pero eu ese día acaba de recibir a máis importante lección de sociolingüística da miña vida pois a partir desta escena decidín dúas cousas. Unha, que a partir daquel momento desenvolvería a miña vida en galego, e así o fixen. A segunda, que eu tamén sería profesor de matemáticas, non porque as matemáticas sexan unha ceincia especialmente interesante (en confianza, son bastante pesadas e só uns poucos disfrutamos algo delas), senón por amor ao galego.
Agora eu son o profesor de matemáticas e sei que co meu exemplo é posible que algún alumno meu comprenda o mesmo que eu comencei a entender hai 30 anos."
Comentarios (0) - Categoría: Contos - Publicado o 11-06-2010 05:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0