Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Lingua Materna - DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Lingua Materna

O decreto do Galego botou a andar. O Consellaría de Educación remitiu ós centros o cuestionario no que as familias indicarán a lingua materna.

Nos dende aquí facemos algunhas preguntas?

Cal é a lingua materna nestas situacións?


1. O pai fálalle en galego e nai en castelán.

Situación que se deu e se da en moitas familias.


2. Os pais falan en galego pero fálanlle en castelán o fillo/a.

Situación que se da en moitísimas familias, sobre todo aquelas que se achegan do rural á cidade.

Unha das historias, que ben sendo o caso número 2, cóntanola "O Taboleiro do Colmeiro"

E logo, os que entren en infantil o ano seguinte xa non poderán decidir en que lingua tería que falar a mestra/e.

E digo eu, que nivel de galego acadarán os de infantil nas cidades?

Que libertade terá o neno para escoller a lingua se unha non a sabe?

Tódolos os expertos falán de que as linguas apréndense por inmersión... menos o galego, que a este paso falarase por telepatía e na intimidade.
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 10-06-2010 08:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0