
A ANPA San Xosé do noso colexio volveu organizar este ano a Marcha Ciclista polas rúas de Pontevedra, celebrando deste xeito o día do Medio Ambiente, 5 de xuño. Esta foi a VIII edición.
A nosa noraboa os organizadores porque todo saíu bastante ben, e tanto rapaces como pais, pasamos unha xornada de lecer agradable. aínda que algúns botamos de menos algo de festa "En Galego".
Deixamos neste artigo as fotos e algúns vídeos da segunda parte da festa (sorteo de regalos e os bailes e xogos co animador Javi Solla.
|