Hoxe a
Asociación Vaipolorío fixo a actividade
Poema-Río, coloborando co Concello co programa
"Maio, mes da lingua".
A actividade consistiu en ler uns poemas que se puxeron nalgunhas árbores, sobre todo en acácias (por ser invasoras) para non facer dano a outras autóctonas.
Deixamos
unha mostra dalgúns dos poemas, do tramo urbano. Hai algúns máis no tramo rural. Xunto a estes hai outras fotos, algunhas nada bonitas, pero estas mostran aínda o pouco civilizados que son algúns ó tirar lixo neste precioso ecosistema. Esperemos que pouco a pouco todo saibamos valorar esta xoia que temos na cidade.