O
11 de xuño,
o alumnado de 6º (3º ciclo de primaria) terá unha saída didáctica (
aprazouse para 21 de xuño) polo tramo rural do río Gafos. Acompañarannos dous compoñentes da
Asociación Vaipolorío. Eles darannos explicacións sobre o
ecosistema de ribeira e o seu patrimonio.
Esta actividade está contextualizada dentro do contido de Actividades na Natureza de E. Física e Coñecemento do Contorno dentro de Coñecemento do Medio. Ó mesmo tempo cumpre ,tamén, algún dos obxectivos do
Proxecto Atlántico, dentro das Escolas Unesco, como pode ser a
valoración do patrimonio natural.
Neste os alumnos xa comezaron a facer traballos onde recopilan información diversa sobre estes dous elementos medio ambientais como son o
río Gafos e a
Ría de Pontevedra. O seu aposento.
Dentro do coñecemento do contorno, temos como obxectivo coñecer o noso río, O Gafos, no tramo máis descoñecido para os habitantes de Pontevedra, o tramo rural, que comeza preto da Estación de Autobuses.
Xunto con esta actividade temos tamén outra relacionada e paralela como é a de coñecer mellor a Ría de Pontevedra, onde desemboca o río Gagos.Para esta incluímos aquí o vídeo que se atopa na categoría do Medio Ambiente, "
A Ría de Pontevedra".
Tamén, o
domingo 30 de maio, esta asociación fará unha saída denominada Poema _río.
Ver nova na súa páxina.
Deixamos aquí uns vídeos que nos axudarán a coñecer máis esta xoia que temos en Pontevedra.
Ría de Pontevedra
Fotos incluídas posteriormente feita xa a actividade: