Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
O Correlingua - DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Correlingua
O noso centro participou este martes día 11 de maio na Carreira pola Lingua: O Correlingua.

O centro gañador do manifesto foi IES PORTA DA AUGA de RIBADEO.

O LEMA deste ano foi un verso de Uxío Novoneyra: A Forza do Noso Amor.

Nós na pancarta levamos a Mundiño, a nosa mascota de normalización lingüística.

As condicións atmosféricas fixeron que de novo tiveramos que facer esta festa no Recinto Feiral, e non na Ferraría.

Antes de entrar no recinto fixemos "A Carreira" polo paseo das Illas das Esculturas.

Debaixo da foto tedes o manifesto gañador.

De Varias




A nosa proposta é clara, díxonola Manuel Antonio:

?A nosa fala é nosa, pospola a calquera outra é unha forma de suicidio?

Libraremos a batalla se libres quixermos ser

facéndolle honor ao seu lema, evitando o xenocidio.



Feixoo co seu ?Decretazo?

pretende facernos memos

vendéndonos trilingüismo

para evitar o galego



O xogo non será fácil, os adversarios son traidores,

pero temos xuventude,

somos moitos, somos fortes;

xogamos no noso campo e temos por adestradores

a Pondal, a Rosalía, a Daniel e Airas Nunes.



Rompamos as barrreiras,

xa estamos fartos:

Falar queremos galego

como os nosos antepasados



Zoa no ar un tempo de represión.

Mais Galiza, non teñas medo, que te imos defender

?Nunca máis? permitiremos que eses verdugos crueis

amordacen a túa lingua, nos repriman por ser fieis.

Formamos un bo equipo disposto a te protexer.



A vitoria está cantada, o xogo témolo nós.

Xa toca a ?Alba de Gloria? do noso querido Daniel

oxalá que co seu ?Ollo de vidro? el nos estea a ver

e poidamos redimilo do seu destino tan cruel.



Dabondo nos maltrataron

nos anos da Ditadura

á que pretenden regresarnos

vendéndonos inter-cultura.



O inglés, ninguén dubida,

lingua moi útil é,

que sen minguar a nosa propia,

ninguén rexeita aprender.



?Nunca aprenderás a hablar?.

?Hable bien, sea patriota?

?Eso no es un can, que es un perro,

la laverca es una alondra?.

Con esas armas proclamaron a vitoria.

Minguando a nosa estima,

ensumindo a nosa gloria.



O nó que sen atar nos una

é o nó que nós queremos,

o que nos trouxo hoxe aquí:

A defensa do galego



Somos unha xeración

de galegos preparados,

a gramática coñecemos,

da nosa historia sabemos.

Por usar a nosa lingua

quen se atreve a insultarnos?

Se nos deixamos gañar,

non seríamos desleixados?.



O correlingua camiña contigo,

Uxío, do Courel a Compostela

polas terras liberadas,

esas que vós liberastes

coa arma das vosas palabras.



A nosa gran Rosalía xogou no Olimpo moi soa

e por iso foi alcumada como ?a pobriña da tola?.

Semente foi dunha estirpe de poetas emprendedoras

que coa súa lingua tecen a arma máis poderosa.


Mal de linguas din algúns, os que non queren entender

que a multitude de linguas é en si un grande ben

do que goza a humanidade para chegar a comprender

a complexidade do mundo no que lle tocou nacer.

O dito ben dito queda. Xa é a hora da despedida.

Agardamos terche aclarado algunha das túas dúbidas

para que a partir de hoxe na casa, cos amigos e amigas

fales galego por sempre, que o galego tamén liga

Rematamos esta historia

Berrando ben alto e forte

Para que todos nos oian:

?Galiza, a forza do noso amor non pode ser inútil?



Queremos galego na escola!
Comentarios (0) - Categoría: Celebracións - Publicado o 12-05-2010 15:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0