Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Ofensiva contra o galego - DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ofensiva contra o galego
Henrique Monteagudo

Finalmente, a Xunta de Galicia deu forma ao anunciado proxecto do novo decreto ?do plurilingüismo?. Este proxecto chega despois dun longo e tenso debate social e dunha serie de sucesivas mobilizacións cívicas que atinxiron unha extensión e intensidade sen precedentes, e logo da presentación ao público dunhas ?Bases? que mereceron un amplo rexeitamento das institucións consultadas pola Xunta (Real Academia Galega e Consello da Cultura Galega), e de practicamente todos os sectores atinxidos. As presentes liñas están escritas con posterioridade ao acordo do Consello Escolar de Galicia, mediante o cal este manifestou a rotunda oposición da meirande comunidade educativa ao dito proxecto, e antes do pronunciamento do Consello Consultivo de Galicia, que é de agardar que acabará sinalando os aspectos do mesmo manifestamente discordantes coa legalidade.

O que vén é un texto redactado, pois, coa esperanza de que finalmente ese proxecto sexa retirado polo goberno galego, e o Partido Popular se aveña a constituír, tal como propuxo o Consello da Cultura Galega e asumiron os partidos da oposición, unha comisión no Parlamento de Galicia para a discusión dun novo proxecto elaborado por acordo dos tres grupos parlamentarios, unha comisión que tamén debería oír distintos axentes sociais (especialmente da comunidade educativa) e expertos e abordar un programa de desenvolvemento consensuado do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega aprobado unanimemente polo mesmo Parlamento en 2004, e ratificado tamén unanimemente en 2008. O que segue non é un estudo sobre o decreto en si mesmo, senón unha reflexión sobre o contexto político-lingüístico en que este aparece.
1. O contexto sociolingüístico

Ao mesmo tempo, o presente escrito foi rematado aos poucos días da difusión nos medios de comunicación dos resultados da enquisa do Instituto Galego de Estatística, en que se recollen datos sobre coñecemento e uso do idioma galego correspondentes a 2008, comparables cos que o mesmo IGE recolleu en 2003. Sen entrar nunha análise demorada deses datos e pasando por riba dos moitos matices que ofrecen (pois isto non cabería na presente reflexión), cómpre chamar a atención sobre tres aspectos relevantes: continuar lendo

Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 24-04-2010 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0