 Honoloko é un xogo educativo multimedia creado pola Axencia Europea do Medio Ambiente. Unha serie de personaxes axudarannos a ir aprendendo máis sobre os conceptos que afectan ao medio ambiente.
Atopámonos na illa de Honoloko, un mundo real, onde os teus actos e accións teñen consecuencias na vida da illa, na vida dos seus habitantes e no medio ambiente.
Se as túas decisións reciben boas puntuacións en Recursos ou Enerxía melloras o medio ambiente. Cando as puntuacións de Saúde ou Forma física soben ou baixan verás como a saúde dos habitantes de Honoloko mellora ou empeora. |