Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Sobrado, Sobrado dos Monxes - DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Sobrado, Sobrado dos Monxes
De Galego


Sobrado: 1. Planta alta dunha casa de dúas alturas. 2. Piso de madeira; sollado.

Sollar: Cubrir o piso con madeira, lastras, baldosas ou calquera outro pavimento.
Lastra: Peza de pedra que sae da canteira en follas grandes e planas de pouco grosor.

Poñemos esta tres, aínda que a palabra a estudar é a primeira, sobrado. As outras veñen para aclarar os conceptos nas definicións. Ben a conto, a palabra, porque estes días fálase moito na rede de Sobrado dos Monxes, ou máis ben da seu intento de castelanización, seica por un erro de tradución informático, de ?Desván de los Monjes?, por parte do Conselleiro de Cultura. Xunto con esta castelanización foi metida tamén Touro (concello), el dixo Toro. Esta segunda non soa tan grave como a primeira.
O máis grave do Sr Varela non foi equivocarse, senón negar que el dixera tal cousa.

Teño entendido que nun tempo, non fai moito, e seica aínda hoxe en día, hai quen nomea o concello de Sobrado dos Monxes por "Desván de los monjes",ó igual que fai moita xente, por exemplo, con Sanxenxo, e din Sanjenjo. Recordamos que Xenxo en castelán é Ginés.
Poderíase chamar a un sitio alto nos montes desván en castelán? Coido que a tradución tampouco sería a correcta neste caso.

As nosas autoridades, a prensa, etc, debería ter un pouco de coidado e de respecto pola toponimia, un patrimonio de moito valor para todos. E xa sabemos, de momento, é de obrigado cumprimento, non modificar a toponimia.

Nestes tempos de tanto ?equilibrio? e tanta ?cordialiade lingüística? igual nos chafan estes comentarios e permiten chamarlle como lle pete a un, en nome da ?liberdade?. E así, igual dentro de pouco seremos, aparte de pontevedreses, tamén ?puentevedreses?.

Algúns deberían analizar tamén o concepto de libertinaxe, para non confundir o touciño coa velocidade.

Os que queirades ampliar a etimoloxía de Sobrado, continuade lendo a imaxe que segue, sacada do libro ?Toponimia de Galicia? de Fernando Cabeza Quiles.

De
Comentarios (0) - Categoría: Refráns, palabras. Sementámol@s. - Publicado o 20-03-2010 19:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0