Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Opinión Decretazo. Galego Patrimonio da Humanidade - DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Opinión Decretazo. Galego Patrimonio da Humanidade
O colectivo Galego Patrimonio da Humanidade fai público a súa oposición ao ?Anteproxecto de Decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia?, que o goberno galego acaba de presentar. Pendentes dunha análise máis demorada do texto, este desacordo fundaméntase nas consideracións que a seguir se resumen:

1.- O dito anteproxecto vén dar forma definitiva ás ?Bases? difundidas a finais de decembro pasado, que suscitaron un amplo rexeitamento social, político e institucional (nomeadamente a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega), e de xeito especialmente significativo nos distintos sectores da comunidade educativa. O Partido Popular e o goberno desoíron tanto o clamor social coma as opinións dos especialistas e as institucións contra unhas Bases máis pensadas para resolver as obsesións de determinados dirixentes e as querelas internas do PP e dar satisfacción aos sectores contrarios ao idioma galego (minoritarios pero poderosos), que non orientadas a regular racionalmente, e de acordo coa legalidade, o uso das linguas na educación.

2.- Unha vez máis, este Anteproxecto está elaborado a partir de premisas falaces e coa mira posta en obxectivos alleos (cando non contrapostos) aos que veñen inspirando o conxunto da lexislación sobre esta materia. Tanto as normas legais como a política lingüística en Galicia descansaron ata agora na constatación de que o idioma galego fora historicamente sometido a un maltrato que o conducira a unha posición moi vulnerable, de maneira que os poderes públicos estaban obrigados a superar esa situación, mediante políticas de defensa e promoción da lingua. Pola contra, para Alberto Núñez Feijoo, o seu goberno e o partido que o sustenta, o problema non é ese, senón unha suposta imposición do galego, e a partir desa falsidade e dunhas promesas electorais frívolas e irresponsables, o que se deseñan son políticas orientadas en senso contrario ao que as nosas leis, a tradición da autonomía e o puro senso común aconsellan.

O que Galicia precisa non son medidas cautelares contra unha fantaseada imposición do galego, materializadas en previsións insólitas e carentes de lóxica (como a consulta cada catro anos ás familias), senón o que prevé a nosa lexislación: un marco lingüístico-educativo e unhas políticas lingüísticas orientadas a alcanzar igualdade entre os dous idiomas oficiais e ao fomento do idioma galego. Con este Anteproxecto, o goberno da Xunta e o Partido Popular volven colocarse en solitario fronte á maioría das forzas políticas, sociais e sindicais, das institucións máis relevantes e dos colectivos e asociacións profesionais máis representativas. Galego Patrimonio da Humanidade chama a cidadanía, os sindicatos, o colectivos cívicos e os partidos políticos a dar unha resposta unitaria a este Anteproxecto e as medidas de desprotección do idioma impulsadas pola Xunta de Galicia, na procura da recuperación do amplo consenso sobre a política lingüística que o Partido Popular veu rachar, e que coidamos imperativo recuperar.
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 14-03-2010 21:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0