Hoxe fíxose a presentación de "
XADREZ NA RÚA,
I XORNADAS INTERESCOLARES".
Actividade esta, que imos celebrar o próximo
luns día 15 de marzo, de 17:00 a 19:00 h na Praza da Liberdade de Pontevedra, diante da entrada do noso colexio.
Escolleuse
o lema que están a traballar as
ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO:
"A cidade, espazo para vivir e convivir"
No acto estiveron os representantes dos grupos participantes da xornada,
os colexios,
Froebel,
Xunqueira II,
Villaverde-Mourente e
Campolongo, xunto coas
Escolas Deportivas Municipais, con co MI (mestre internacional)
Daniel Rivera, que aparte de ser campión internacional varios anos, tamén ten
algúns records e os
representantes colaboradores das xornadas, con el tamén estaba o ex-alumno e campión fr España
Ramon Escudeiro, a
ANPA do noso colexio, a representante da
FANPA, e o representante do
Concello de Pontevedra.
A sala de recepción, sala de usos mútiples do colexio, estivo decorada cos
traballos dos alumnos de sexto,
cos xadreces que trouxeron os pais para a exposición, xunto coas
camisetas, viseiras e
medallas que se aportaron ó evento.
Dende aquí
queremos dar as grazas a todos eles pola súa colaboración, pois deste xeito puidose facer unha sinxela pero bonita presentación da xornada
XADREZ NA RÙA. I XORNADAS INTERESCOLARES, e se non se tornan as cousas, poderá saír tamén o próximo luns,
xogando na Praza da Liberdade.
Reparto das colaboracións:
Organización: O CEIP Campolongo xunto cos outros grupos participantes: Xunqueira II, Villaverde, Froebel e as Escolas Municipais (xogos e infraestructura para a súa execución). Comentar neste aspecto,
que a actividade creada por tódolos grupos participantes,
pretende ser rotativa, sendo outro centro o próximo organizador da xornada; e por suposto, estase aberto a calquera incorporación que poida xurdir.
Merenda: ANPA, (bocadillo, froita e auga)
Medallas: FANPA, federación de pais e nais.
Camisetas: Concello de Pontevedra.
Viseiras: Instituto Municipal de Deportes.
O nacemento da actividade fundaméntase en:
-
Promocionar unha actividade multidisciplinar, lúdico-deportiva, que contribúe a
formación integral dos alumnos.
-
Traballar, por medio do xogo, e na rúa
as compentencias lingüísticas , a toda a comunidade educativa e a sociedade galega en xeral.
- Este ano, en especial,
fomentar o uso dos xogos nos espazos da cidade.
-
Artigos relacionados: CATEGORÍA XADREZ
Esta actividade coincide no tempo, por casualidade, coa
campaña de Política Lingüística XADREZ PARA TODOS.