Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Manda testamentaria. X.R.B.R - DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Manda testamentaria. X.R.B.R
Recollemos unha nova e bonita manda testamentaria que atopamos na rede, no bloque Cortiña Angueira. Está asinada por X.R.B.R., no I.E.S.?Miguel A. Glez. Estevez?, Carril. A imaxe recollida tamén no bloque ten o nome de Xosé da Crecha.

A manda


"É a vontade deste testador que, xunto coa casa familiar da Cortiña Angueira e as hortas, parras e toxeiras que a rodean, os meus fillos Tamara e Lois reciban en herdo a ledicia cantareira do val do Ulla ?para nós o Mar Vello- a presenza amiga do castiñeiro do Souto, as corredoiras da veiga e os muíños que aínda ecoan o espírito dos devanceiros.

Pídolles que manteñan o amor pola vida rural, garante do cerne galego: as xuntanzas no quinteiro, o barullo da eira da malla, a fogueira de San Xoán, as romarías, os contos de lareira, o viño a ferver nas tinallas, os hórreos acugulados do amarelo do millo e o aturuxo que reivindica a cultura popular.

Porén, quero engadir como manda final que todo o dito non terá razón de ser sen a fala galega; velaí que antes de me perder no remuíño de sombras, quérolles deixar a alma das cousas, as palabras que nomean e identifican séculos da nosa historia: as que dormen nos vellos pergameos e as que rachan o silencio dos vales ou baten nos cons da Arousa.

Que a lingua vos acompañe a vós e ós vosos descendentes nas alegrías e nos sufrimentos, viva, amorosa, eterna coma as pedras da ermida do Santo Amaro que comparten veciñanza coa casa patrucial."
Comentarios (0) - Categoría: Mandas testamentarias - Publicado o 05-03-2010 17:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0