Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Borrador do Galego - DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Borrador do Galego
Interesante artigo, de Luís Rey, sobre a composición de frases ou palabras, ou como di el, técnicas literarias. De todo, quédome co última frase: "A xente non se borra cun decreto".

"Iso de que a xente do común non entende de técnicas literarias é un falso tópico. Todo o contrario. Algareadas día e noite as neuronas do pobo pola propaganda comercial e política, a nosa materia gris aprendeu a deconstruír e peneirar as mensaxes recibidas e tamén a crear contradiscursos que nada teñen que envexar, tocante a capacidade de filigrana estilística, á retórica oficial. Un bo exemplo para ilustrar o dito e para evidenciar que non hai eufemismo, elipse ou metonimia que confunda a ninguén, atopámolo no debate sobre os depósitos para os refugallos nucleares: os detractores chámanlle ?cemiterio nuclear? e os seareiros ?Almacén Temporal Centralizado?, pero como uns e outros saben exactamente que é o que están nomeando, finalmente só se presentan como candidatos ao cancro atómico lugares que xa o teñen enriba ou algúns que, estando agoniantes doutros males, berran aquilo de ?morra Marta, morra farta?.

Esta tese fica científica e rigorosamente demostrada co seguinte experimento: se buscamos en Google ?Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia?, así, entre aspas, atoparemos arredor de vintecinco mil resultados; sen embargo, se pesquisamos por ?borrador do galego? as referencias andan polo medio millón? ?Borrador do galego?: eis unha xoia literaria de creación colectiva, un sintagma preciso e nidio, un xenial compendio metafórico sobre a verdadeira filosofía de fondo do tal documento. A xente fai ?maghas? co idioma. E a xente non se ?borra? cun decreto".


Irresponsabilidade do governo por eliminar o galego das oposicións. Ferrín
Comentarios (0) - Categoría: Decreto 79/2010 do Galego - Publicado o 04-02-2010 18:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0