Este domingo, 7 de febreiro, ás 12:00 e 18:30 h, no Teatro Principal de Pontevedra.
"La ciudad inventada"
" As cidades están en constante movemento, cada vez acollen máis xente que ven doutras culturas, doutras formas de ver a vida, doutros contos. Todas elas conviven
na cidade dando lugar a
unha historia moderna e mestiza representada mediante títeres, na que os mosntruos, secuestros e a amizade farán reflexionar aos máis pequenos a cerca da vida neste pequeno mundo".
Gorakada teatro presenta este espectáculo colaborador co Salón do Libro que comeza este domingo e na súa XI edición terá como tema central
A Cidade.
Duración: 55 minutos.
Idade recomendada: a partir de 5 anos.
As entradas para este e outros espectáculos en sesión matinal do ciclo Domingos do Principal pódense
adquirir anticipadamente en caixagalicia.es ou no teléfono
902 43 44 43 ata 3 horas antes do comezo do espectaculo ou fin de localidades.
As entradas restantes, no caso de haber disponibilidade, poderán adquirirse o mesmo día da función na billeteira do Teatro Principal dende duas horas antes. O prezo e de 3,00 ? por persoa e espectáculo.