Este governo insiste no mal chamado equilibrio das linguas no ensino. O desequilibrio é tan grande hoxe en día, que tanto nas empresas, como nos medios de comunicación, como na escola, nas familias,... que dende logo, se non se toman medidas de discriminación positiva, o galego dentro dun par de xeneracións practicamente desaparecerá. A lei do mercado español non vale para protexer o patrimonio, móvese por motivos uniformistas, falsamente económicos, de especulación. Aquí aínda non se ve que a cultura tamén da traballo e produce riqueza, e o mellor de todo, da identidade e dignifica á persoa, pois respecta a cultura dos devanceiros.
Nesta presentación podedes comprobar o tremendo desequilibrio no que se atopa a nosa lingua. E despois algún "simpático" di que o castelán está en perigo.
|