Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Propostas da CGENL e nota de prensa - DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Propostas da CGENL e nota de prensa
Estas son as propostas da CGENDL (Coordinadora Galega dos Equipos de Normalización Lingüística) ás Bases para a elaboración do Decreto do Plurilingüismo que se lle presentaron ó Conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, e o Secretario Xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo. Consideramos que deste xeito poderáse alcanzar a medio plazo a mesma competencia lingüística que o castelán, lingua que coñecen todos e que actualmente está desbancando a grandes pasos á que de momento é a lingua propia dos galegos.

Debaixo das propostas tedes a nota de prensa coa valoración do encontro.

PROPOSTAS

1. O galego precisa un decreto exclusivo para o seu fomento, tal e como eran o Decreto 247/1995 e o Decreto 124/2007, o que non é incompatible cun plan diferente para a potenciación de linguas estranxeiras.

2. Debe ser un decreto para a Normalización da lingua galega, que é a lingua que está minorizada e que precisa normalizarse.

3. A regulamentación sobre o galego no ensino ten que promover o emprego do galego en todos os nives educativos e non restrinxir o seu uso, especialmente nas idades temperás.

4. A regulamentación sobre a presenza da lingua galega no ensino ten que estar xustificada e consensuada sobre criterios pedagóxicos e sociolingüísticos.

5. A administración educativa utilizará a lingua galega e as formas oficiais da toponimia, tal e como se recollía nos Decretos 247/1995 e 124/2007.

6. Na etapa de Educación Infantil o punto de partida de ambas as linguas é totalmente desigual, polo que ten que haber medidas concretas que garantan a competencia en galego.

7. Non se debe establecer a lingua vehicular na aula só consultando ás familias, senón que se deberán valorar tamén criterios sociolingüísticos e pedagóxicos.

8. En Educación Primaria, ESO e Bacharelato, a administración educativa debe fixar en que lingua vehicular se deben impartir os contidos currículares das distintas materias, atendendo a criterios estritamente pedagóxicos.

9. Debe haber un mínimo de 50% de horas impartidas en galego para garantir a posibilidade de que o alumnado acade a competencia nesta lingua.

10. A administración educativa ten que fixar a presenza da lingua galega no Bacharelato, na Formación Profesional e Ensinanza de Persoas Adultas, que non debe baixar do 50% do horario.

11. O alumnado terá que usar por oral e por escrito a lingua na que se imparte cada materia, única maneira de poder axudar a conseguir unha competencia activa oral e escrita.

12. A administración autonómica promocionará a elaboración de libros de texto e materiais en galego.

13. Os PLC deden ser documentos rigorosos e serios e non só un trámite burocrático. Para iso, débense avaliar e actualizar anualmente tendo en conta o profesorado e as circunstancias do centro cada ano.

14. Débese fomentar o uso do galego nas actividades complementarias e extraescolares.

15. A administración debe ofertar cursos de formación e actualización en lingua galega para o profesorado.

16. Os ENDL débense seguir a chamar así porque é a nomenclatura que mellor recolle a súa función: Normalizar e Dinamizar o uso da lingua galega.

17. O galego é unha lingua oficial como o castelán e, polo tanto, debe ter os mesmos criterios de exención.

18. A administración debe crear aulas de acollida en lingua galega para a poboación inmigrante en todos os centros.

19. A avaliación de competencias débese realizar cada ano co obxectivo de comprobar as destrezas activas na lingua, polo que se realizarán probas tanto orais como escritas. Os centros nos que o alumnado non acade estas competencias deberán deseñar un plan para conseguilo.



Comentarios (0) - Categoría: Coordinadoras - Publicado o 23-01-2010 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0