Xa rematamos o
III Congreso Galego das Escolas Asociadas da UNESCO. Nel fixemos
catro obradoiros: Un de
Presentacións, outro de
Biodiversidade, outro de
Yogote e outro de
Instrumentos. Este último, o de instrumentos, estivo dirixido por
Pablo Carpintero, un verdadeiro artista musical. Ensinounos como facer algúns instrumentos, dos que se facían antes, os que facían os nosos pais ou avós.
No vídeo pódese ver a
construción dun deles, o
cantagalos ou estraloque.