
14 de xaneiro de 2010. ás 02:30 h, máis ou menos, moitas cousas comezaron a voar. A esta continua choiva e frío que estamos a ter este inverno, sumouse un vendaval que fixo historia. Somos moitos os que non recordamos semellante estropicio en Pontevedra por mor do vento e da chuvia; só no noso parque de Campolongo houbo varias árbores caídas, algunha delas de moitos anos e con moito grosor. Non se daba crédito a que isto poidera acontecer aquí. |