Abrimos unha nova categoría de Cantigas Galegas Populares, aproveitando que comezan as festas de Nadal e sempre son moi socorridas. No vídeo podes escoitar a música.
Catro vellos mariñeiros
Catro vellos mariñeiros, BIS
todos metidos nun bote.
Boga, boga, mariñeiro,
imos pra Viveiro,
xa se ve San Roque. BIS
Ailalelo ...
Os mariñeiros traballan BIS
de noite coa luz da lúa.
Dá gusto velos chegare
pola mañá cedo
cheirando a frescura. BIS
Ailalelo ...
Levo sardiña e bocarte, (traio sardiña e bocarte) Bis
vendo xurelo pequeno. (tamén xurelo pequeno)
Rapaciña de Viveiro
ven buscar o lote
do teu mariñeiro BIS
Ailalelo ..
Ver máis letras.
|