O
Consello da Xuventude de Galicia presenta, un ano máis,
a guía O noso Nadal, galego e verde, para animar a cidadanía a vivir un Nadal en galego, solidario e respectuoso co medio.
Coa edición da guía O noso Nadal, galego e verde o CXG
pretende animar a todas as persoas a vivir un Nadal propio, autóctono e a gozar destas datas, xunto coa xente que queremos, respectando o medio e as tradicións, porque Galicia é unha terra hospitalaria, amigable, galega e verde grazas ás súas xentes que século tras século souberon gozar da súa terra dun xeito san e natural, respectando as súas orixes e peculiaridades.
A guía consta de dúas partes diferenciadas: a guía de galego e a guía verde.
A parte de galego contén
artigos de Séchu Sende, Paula Carballeira, Marcus Fernández e o equipo responsable do proxecto Orella Pendella. Ademais, inclúe unha serie de recomendacións para agasallar produtos culturais en galego e información sobre diferentes
roteiros literarios.
A parte verde contén
artigos de María Carmen Fidalgo (
Amarante), Juan Marcos Pérez Gulín (
Fundación Galicia Sustentable), Xosé María García Villaverde (
Verdegaia), Rebeca Carreiro (
Amigos da Terra) e Adrián Serantes (proxecto Xanela aberta). Ademais, inclúe información sobre
As termas de Bande, un lugar de interese.
A guía tamén inclúe dous
menús tradicionais completos para degustar nestas festas (menú 1: coliflor con bacallau, carne asada e anguía de mazapán; menú 2: sopa de allo, ollomol ao forno e compota de mazá e pera ao viño tinto), elaborados por Marta Xen, e un menú vexetariano (cebolas asadas con queixo de cabra, berenxenas recheas e torta de mazás e noces).