Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Mans - DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Mans
Durante o século XV, nunha pequena aldea próxima a Nuremberg, vivía unha familia con 18 nenos.
Para poder pór pan na mesa para tal prole, o pai, e xefe da familia, traballaba case 18 horas diarias nas minas de ouro, e en calquera outra cousa que se presentase.
A pesar das condicións tan pobres en que vivían, dous dos fillos de Albrecht Durer tiñan un soño. Ambos querían desenvolver o seu talento para a arte, pero ben sabían que o seu pai xamais podería enviar a ningún deles a estudar á Academia.

Logo de moitas noites de conversacións caladas entre os dous, chegaron a un acordo. Lanzarían ao aire unha moeda. O perdedor traballaría nas minas para pagar os estudos ao que gañase. Ao terminar os seus estudos, o gañador pagaría entón os estudos ao que quedase na casa, coas vendas das súas obras, ou como fose necesario.
Lanzaron ao aire a moeda un domingo ao saír da Igrexa. Albretch Durer gañou e foise a estudar a Nuremberg. Albert comezou entón o perigoso traballo nas minas, onde permaneceu polos próximos catro anos para sufragar os estudos do seu irmán, que desde o primeiro momento foi toda unha sensación na Academia.
Os gravados de Albretch, os seus tallados e os seus óleos chegaron a ser moito mellores que os de moitos dos seus profesores, e para o momento da súa gradación, xa comezara a gañar considerables sumas coas vendas da súa arte.
Cando o novo artista regresou á súa aldea, a familia Durer reuniuse para unha cea festiva na súa honra. Ao finalizar a memorable velada, Albretch púxose de pé no seu lugar de honra na mesa, e propuxo un brinde polo seu irmán querido, que tanto se sacrificou para facer os seus estudos unha realidade.

As súas palabras finais foron: "E agora, Albert irmán meu, é a túa quenda. Agora podes ir ti a Nuremberg a perseguir os teus soños, que eu me farei cargo de ti".
Todos os ollos volvéronse cheos de expectativa cara ao recuncho da mesa que ocupaba Albert, quen tiña o rostro empapado en bágoas, e movía de lado a lado a cabeza mentres murmuraba unha e outra vez: "Non... non... non...".
Finalmente, Albert púxose de pé e secou as súas bágoas. Mirou por un momento a cada un daqueles seres queridos e dirixiuse logo ao seu irmán, e pondo a súa man na fazula daquel díxolle suavemente: "Non, irmán, non podo ir a Nuremberg. É moi tarde para min. Mira o que catro anos de traballo nas minas fixeron ás miñas mans. Cada óso das miñas mans rompeuse polo menos unha vez, e ultimamente a artrite na miña man dereita avanzou tanto que ata me custou traballo levantar a copa durante o teu brinde... moito menos podería traballar con delicadas liñas o compás ou o pergamiño e non podería manexar a pluma nin o pincel. Non, irmán... para min xa é tarde".

Máis de 450 anos pasaron desde ese día. Hoxe en día os gravados, óleos, acuarelas, tallas e demais obras de Albretch Durer poden ser vistos en museos ao redor de todo o mundo.
Pero seguramente vostede, como a maioría das persoas, só recorde un. O que é máis, seguramente ata teña un na súa oficina ou na súa casa.
Un día, para render homenaxe ao sacrificio do seu irmán Albert, Albretch Durer debuxou as mans maltratadas do seu irmán, coas palmas unidas e os dedos apuntando ao ceo. Chamou a esta poderosa obra simplemente "Mans", pero o mundo enteiro abriu de inmediato o seu corazón á súa obra de arte e cambióuselle o nome á obra polo de "Mans que oran".

A próxima vez que vexa unha copia desa creación, mírea ben. Permita que sirva de recordatorio, se é que o necesita, de que ninguén, nunca, ¡ trunfa só !
Comentarios (3) - Categoría: Contos - Publicado o 11-12-2009 22:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 gustame como de#blgtk08#buxaron as mans
Comentario por Antia 5ºb (21-12-2009 15:13)
2 gustame #blgtk08#o debuxo
Comentario por Iria 2ºc (21-12-2009 15:14)
3 a min gústame o #blgtk08#relevo das mans
Comentario por alba5º b (21-12-2009 18:28)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0