PuntoGal é unha iniciativa que pretende conseguir
para a lingua e a cultura galegas un dominio propio en internet e, a través del, unha
maior visibilidade e presenza do pobo galego na rede e no mundo.
A creación do .cat (catalán) en 2005, primeiro e único dominio de tipo cultural recoñecido pola ICANN en todo o mundo,
abriu unha porta para as aspiracións do .gal, así como para outras iniciativas semellantes (.eus, .cym, .bzh...). Tres anos despois de que a Fundació puntCAT, entidade sen ánimo de lucro que administra o .cat, xestionase os primeiros dominios, hoxe son xa máis de 36.000 os rexistrados.
Pero para conseguir o .cat foi fundamental a suma de todas as vontades da sociedade civil e empresarial, así como das autoridades catalás. Asociacións culturais, fundacións, empresas, entidades deportivas e persoas a nivel individual sumáronse cunha única voz a un proxecto avalado sen fisuras polas institucións. Agora tócanos facer o mesmo.
Aberta a porta coa concesión do .cat, os galegos e galegas tamén temos dereito a esixir o .gal e, con el, circular por internet coa nosa propia matrícula, indicándolle ao mundo enteiro quen somos.
Entrar na páxina e apoia a PUNTOGAL