O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo ofreceu onte una conferencia sobre o galego no ensino no marco das Xornadas Lingua e Educación en Galicia, celebradas na Facultade de Educación de Santiago. Alí, Lorenzo expuxo os
seis principios nos que, dixo, basearase o decreto do galego na escola, que asegurou que presentará ?nas próximas semanas?. Segundo Lorenzo,
o galego será a ?lingua primeira da Administración educativa?, principio que se deberá compaxinar co de ter en conta a opinión das familias.
Segundo a propia orde establecida polo secretario xeral na súa intervención de onte,
os principios son os seguintes: Primeiro, que os alumnos acaden unha competencia semellante das dúas linguas;
segundo, fomentar activamente o galego;
terceiro, ter en conta a opinión das familias;
cuarto, ?impulsar o imprescindible plurilingüísmo?;
quinto, adaptar o marco normativo ?aos distintos contextos? (centros educativos, competencias do profesorado, etc.); e
sexto, ?facer efectiva a lingua galega como lingua primeira da Administración educativa?.
Anxo Lorenzo tamén indicou na súa conferencia que, para que poida existir igualdade entre as linguas, ?ten que haber unha plena capacitación nas dúas linguas oficiais?. Así, avogou por ?experimentar? novas estratexias ?o máis orixinais posibles?.
Nunha conferencia máis política que educativa ante un público universitario, Lorenzo seguiu un plantexamento defensivo no que tentou respostar ás críticas que lle chegaron os últimos meses. Así, chegou a iniciar a súa intervención dicindo: ?Visto o que se comenta, temos que dicir que seguimos implicados como goberno en potenciar a lingua en todos os sectores? e asegurou que o seu ?non é un camiño regresivo, é un camiño novo e firme?.