Miñas donas e señores
Poñan moita atención,
nenas e nenas escoiten
que comeza a función.
Este cego vai contar
Unha historia verdadeira
Se me permite falar
Mentres arde a fogueira.
Vin andando pola rúa
Axudado do bastón,
Para dicir catro lerias
Como manda a tradición.
Falareivos dunha festa
Que lembraremos na memoria
Que se comen as castañas
No patio da escola.
Benvido sexa o Magosto
Na campaña do outono
Veñen para Campolongo
Coas castañas no colo.
Xa se escoitan as cantigas
Con letriñas ben rimadas.
Son as cousas das rapazas
E das coplas entoadas.
Tamén hai risas e xogos
E presa por merendar
Despois de botarlle un grolo
Veña todos a tisnar.
A mañá uns cucuruchos
Para botar as castañas,
Fan una rolda no patio
E a papar lambetadas.
O lume foi morrendo
E a leña apagando
Con ledicia e diversión
A festa vai rematando.
Se me escoitan atento,
Se lle gusta este prego,
Queden vostedes contentos
Que xa se marcha este cego.