Mundiño, a nosa mascota, segue circulando. Agora nos
calendarios de peto.
Temos que comentar que hai un erro no calendario, no enderezo do colexio, non é Xeral Rubín, senón
Xeneral Rubín. O cargo militar escrébese deste xeito. Porén, se tivéramos que traducir " En general", sería "En xeral".
Dicir tamén, que o enderezo que aparece na parte de atrás é o desta bitácora, a do descoñecido
ENL (Equipo de Normalización Lingüística).
Estas siglas son as que hai tamén no índice, a esquerda, da
páxina web do colexio, por ahí pódese entrar a esta bitácora,
clicando na mascota (Mundiño) ou no texto: BLOG ENL C.E.I.P. Campolongo
E ti que dis?
Gústache o calendario? Paréceche boa idea?
Que ten de máis? Que lle falta? Como o farías ti?
Se todo está ben, tamén podes comentalo.