Imos propoñer
a toda comunidade educativa, mestres,
alumnado, pais e nais, unha pequena actividade: Apadriñar, sementar ou rescatar unha palabra, dito, ou un refrán que lles guste. Pódese presentar en diferentes formatos, en verso, en conto, en anécdota, con debuxo, analizándoo/a...
Pódese facer aquí mesmo, deixándoo nos comentarios ou ben presentalo/a no colexio.
Eu por exemplo, escoiteille antonte a unha avoa que viña recoller a unha nena:
"Neve no mollado, chuvia de contado". Comentábame ela que pola mañá cedo vira moita xeada despois dun día de chuvia, e iso significaba que axiña volvería chover.
Deixamos entes enderezos para quen queira ver os moitos refráns, moitos deles sabios, que ten a nosa terra.
Fraseloloxía na rede. Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Centro Ramón Piñeiro. Numerosas publicacións, entre outras, de ditos e refráns da nosa lingua.
En PDF: 4.400 refráns galegos e as súas equivalencias en castelán.
Fraseoloxía de Trasar de Carballo.
Bitácora:
O Refraneiro.