 Tamén coñecido como , buxaina, pión, trompa, sevillana. Este trebello está feito en madeira torneada; cun cravo de ferro na súa punta (ferrón) e un anaco de madeira redondo que sobresae na parte superior (o pirucho, ou cucurucho).
Como xogabamos nós de pequenos?
Un cordel, un trompo (de piñeiro, castaño, laranxo ou buxo), moita destreza e por suposto un trompo de recambio para cando as cousas ían mal, e xa estaba montada a partida. No interior dun círculo debuxado no chan delimitábase o baile do trompo, onde ao final coa inercia das voltas (arranque) este debía saír do círculo para salvarse de ?pringar? no centro, onde sería obxectivo dos demais que intentarían rompelo literalmente falando a base de picadas. Tamén era posible ir polos que se durmían bailando, xa que eran pezas fáciles. O ideal era ter un trompo de buxo cunha boa punta para que tivese moito arranque e pouco baile. Cando un trompo se durmía bailando e quedaba no sitio dicíase: "onde cagha, mexa". Outra expresión típica era cando o trompo bailaba polo revés, entón dicíase que ía de rabela ou de cucurucho, e por suposto tiña que pringar, ademais de ser unha vergoña para o tirador.
|