|
|
|
Xuntos, e Medranos na Escola |
|
Dous poemas do noso compañeiro, o mestre poeta Xabier Barros Castro
XUNTOS NA ESCOLA
Hai unhas verbas
escritas no vento
con voces amigas
dicindo galegos.
Hai unha escola
de nenas e nenos
que ledos aprenden
cantigas e versos.
Hai unha lingua
que é noso idioma
a lingua galega.
Hai unhas verbas
medrando no tempo
con moito agarimo
o noso Galego.
MEDRAMOS NA ESCOLA
Os nenos e as nenas
medramos na escola
facendo tarefas
facendo debuxos
facendo poemas.
Medramos facendo
cantigas e versos
xogando coas letras
xogando coas verbas
xogando no vento
xogando na area
Alegres medramos
enchendo de rosas
enchendo de bicos
e verbas fermosas
a lingua galega. |
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
Animo poetas!non se pode vivir sen poesía,as palabras metense no #blgtk08#peito e fan sentir esa tenrura que solo a poesía e capaz de facer. |
|
|
Comentario por Carmela (11-11-2009 23:22) |
|
|
2 |
A poesía é ...
A poesía é a voz do amor,
dos ósos e do sangue.
O canto do tempo que flúe
no río máxico da memoría ...
#blgtk08#Con primaveras que cobren
as dores da alma.
Non somos nada sen tenrura,
sen a palabra que tece a vida:
pasión, soidade, morte e dozura. |
|
|
Comentario por NIto (12-11-2009 00:34) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|