Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Péchase o blogue do EDNL do CEIP Campolongo - DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Péchase o blogue do EDNL do CEIP Campolongo

Dende onte, 25 de outubro de 2011, este blogue pasa a ser particular (de Nito). Xa non é do EDNL do CEIP Campolongo.

Por perder a súa principal finalidade dentro do centro queda PECHADO.

A decisión de deixar de ser "oficial" e pasar a ser particular tomouse baixo unha xuntanza promovida por inpección para que eu acatara os seguintes puntos. Algúns deles non atinxen directamente a este tema en particular, pero quero deixar constancia de todos .

Como se negaron a dalo por escrito, van deste xeito:

1- Calquera exposición que se queira solicitar terá que ser primeiro comunicada ou ben ó coordinador ou ó Equipo Directivo. Nota: Se alguén quere cóntolle este conto.

2- Entregar as claves do blogue e do correo electrónico ( xa llelas entregara fai dous anos pero estraviáronas).

3- Antes de subir un artigo ó blogue, ou poñer unha nova no taboleiro do EDNL, ou nos xerais, teño que ter autorización do coordinador ou do Equipo Directivo.

4- Teño que retirar todos os artigos "complicados" (inapropiados) do blogue.

5- E último, teño que entender ben claro cal é a xerarquía.

Como non me gusta nada o que se me di, en especial non estou disposto a acatar o punto nº 4; e os outros, aínda que poidan ser legais, neste contexto que estou vivindo parécenme humillantes, é polo que propoño, (despois de maduralo un pouco), como alternativa, que o blogue deixe de ser oficial no centro, deste xeito non teño por que borrar nada, nin dar ningunha clave de novo.

Todos os presentes aceptan: Equipo Directivo e Coordinador de Normalización Lingüística.

Agora mesmo non estou con forzas de loitar por esta inxustiza. Temo pola miña saúde e polo benestar da miña familia e dos compañeiros.

Sinto decepcionar a aqueles que lles gustaría e que me animaron a seguir pelexando .

Grazas a todos os que se solidarizaron e me axudaron nesta xeira. Dedicareime a seguir manifestándome con liberdade e a traballar pola normalización da nosa lingua no meu blogue particular de Milprimaveras.

Artigo detonador::

1- Que pasa coas pancartas ?

Gañou o inapropiado.

A "Pancarta "Guadiana", aparece e desaparece.

Se queres saber máis podes ler a opinión doutro director (comentario deste blogue nº 31) en IES OU NON IES , xunto con outros comentarios de outros usarios, incluídos os de Milprimaveras).

Ou tamén, na tertulia "Sempre en Galicia" en Radio Cornellá.

Efecto dominó.

Máis sobre defensa do ensino público.

NOTA: No CEIP Campolongo,oficialmente aínda está prohibido preguntar que pasa coas pancartas, e por suposto, poñer esta pancarta.


Con data 15 de abril ponse en Milprimaveras o artigo:

A polémica pancarta xa está no cole.
Comentarios (49) - Categoría: Defensa do Ensino Público - Publicado o 26-10-2011 08:00
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
49 Comentario(s)
1 A saúde e as persoas queridas son o máis importa#blgtk08#nte. A seguir traballando por libre.Moito ánimo!
Comentario por Luísa Villanueva Segade (27-10-2011 10:02)
2 Moito ánimo e adiante, e#blgtk08#ste traballo paga a pena
Comentario por Raúl Constela (27-10-2011 10:29)
3 Adiante compañeiro!Non d#blgtk08#eixes de loitar!Coidate
Comentario por Lorena (27-10-2011 11:19)
4 Ánimo compañeiro!!!!!
Seguro que máis antes que despois recuperamos a liberdade de#blgtk08# expresión para os profesores e profesoras deste noso país.
Apertas fortes, amigo
Comentario por Demetrio (27-10-2011 12:24)
5 Moito ánimo compañeiro. Non hai censura que poida coa forz#blgtk08#a do noso amor por este pobo e por esta lingua. Adiante!!!
Comentario por Manu Lourenzo (27-10-2011 12:34)
6 Se outros queren facelo á súa maneira que o fagan eles. Ti fai as cousas coma ti m#blgtk08#esmo. Se non están de acordo fas ben en desmarcarte. Saúdos e... sobre todo saúde.
Comentario por Dido (27-10-2011 12:49)
7 Ánimo e unha aperta #blgtk08#desde O Carballiño
Comentario por Cándido Fernández (27-10-2011 12:52)
8 Cóidate. Sabes que #blgtk08#te apoiamos. Ánimo
Comentario por Azucena (27-10-2011 13:52)
9 Moito ánimo!!
Estamos contigo e que saibas q te apoiamos.<#blgtk08#br /> Pola liberdade no ensino público!!!!
Moitas apertas
Comentario por Selma (27-10-2011 15:20)
10 Non te disgustes pois agora vai ser cando de verdade poidas colgar todas as cousas interesantes que#blgtk08# nos mandabas e compartilas so con quen ti queiras.Eles non saben o que perden!
Unha aperta!
Comentario por Mª Carmen (27-10-2011 16:06)
11 Ánimo!e seguiresmos as cousa#blgtk08#s interesantes que colgas...
Comentario por Rosa (27-10-2011 18:26)
12 Sigue adiante Nito!! Nos segui#blgtk08#remos coma sempre o TEU blog.
Comentario por Pancho (27-10-2011 19:00)
13 Ánimo Nito,todos os que defendemos a lingua, a libertade de expresión e a democracia es#blgtk08#tamos contigo.
Por moito menos outros equipos directivos presentaron a dimisión.
Comentario por Arturo (27-10-2011 20:11)
14 animo nito sabes que tes moitos apoios non fagas #blgtk08#caso de xente intranxixente e sobre todo coidate
Comentario por amparo (27-10-2011 20:40)
15 Moito ánimo e que #blgtk08#non che silencien!
Comentario por Denís (27-10-2011 21:31)
16 A liberdade de expresión existe aínda que volvemos a... vellas prácticas. Paréceme bo#blgtk08#a a decisión de seguir publicando, aínda que sexa a nivel particular. Ánimo e cóidate
Comentario por Xan (27-10-2011 21:53)
17 Grazas polo traballo informativo e dinamizador que vés facendo dende hai anos nos#blgtk08# centros polos que pasaches e tamén na rede. Sigue así!

Apertas
Comentario por Román (27-10-2011 21:58)
18 Moito #blgtk08#ánimo!
Comentario por Rubén (27-10-2011 23:40)
19 En mestres de Galicia en facebook colocaron un vídeo para os censores: Apesar de voce, de Chico Buarque#blgtk08# /> Moi apropiado!!!!
Ánimo e non recuemos. Non recuemos.
Saúdos e ánimo. Beatriz (Maside)
Comentario por Beatriz Fernández (28-10-2011 01:18)
20 Ánimo e moi#blgtk08#ta forza!!!
Comentario por Marta Dacosta (28-10-2011 07:58)
21 Ánimo Nito, non deixes de aportarnos todas as túas ideas e os teus comentarios, é triste a c#blgtk08#ampaña para silenciar o pensamento diferente mais non é tempo de silenzos senon de denuncias
Comentario por Luisa (28-10-2011 09:20)
22 Parece que estou lendo un artigo de fai mil anos, esto é incrib#blgtk08#le.
Moito ánimo e moita forza compañeiro!
Bicos
Comentario por Belen Junquera (28-10-2011 09:59)
23 Tamén habería que escoitar#blgtk08# todas as partes.
Comentario por Aurea Ramírez (28-10-2011 11:31)
24 Adiante sempre, que non nos rouben a DIGNIDADE#blgtk08#. A tomar folgos para seguir na xeira. Saúde.
Comentario por Guillerme (28-10-2011 12:15)
25 Grazas polo teu traballo e compromiso.Seguiremos léndote no teu#blgtk08# blog persoal.
Lembra:
LADRAN,LOGO CABALGAMOS...
Comentario por Olga (28-10-2011 13:31)
26 O teu traballo e esforzo é un exemplo para todos os que nos adicamos a e#blgtk08#sta profesión. Ánimo para seguir adiante coa loita ante as inxustizas.
Comentario por Rosalía (28-10-2011 14:21)
27 Ánimo e a seguir porque esto parec#blgtk08#e unha dictadura!!! Moito ánimo!!
Comentario por Sonia (28-10-2011 17:54)
28 Esta nova chega á portada do portal Meneame:

http://www.meneame.net/story/pancarta-lema-trabajamos-ensenanza-publica-calidad-provoca-xunta

Son dúas entradas que non é que falen de política, falan de decisións que inflúen sobre aspectos orga#blgtk08#nizativos fundamentais dun centro escolar e que, polo tanto, afectan directamente á educación do alumnado e á calidade do ensino.

Noraboa ao autor deste blog por no quedar calado ante unhas autoridades caciquís, censuradoras e matonas.

Paco
Comentario por Paco (28-10-2011 19:47)
29 No 1937 funcionaba en Galicia unha Comisión Depuradora das Bibliotecas Escolares que ordenaba retirar certos libros entre os que #blgtk08#se atopaba "Aires da Miña Terra" de Curros. 74 anos despois créase a Comisión Depuradora dos Bloques Escolares. Unha aperta Nito
Comentario por (28-10-2011 19:54)
30 O anterior comentario é meu. Esquecéuseme poñer o nome. Engado que 74 anos má#blgtk08#is tarde tamén se prohibiron nos centros os libros de matemáticas en galego.
Comentario por Xulio (28-10-2011 20:02)
31 A miña opinión sobre este tema:

http://iesounonies.wordpress.com/2011/10/28/direc#blgtk08#tores-pelotudos-e-inspectores-ociosos-3/

E conste que son director dun instituto.
Comentario por puturrú de fuá (28-10-2011 21:58)
32 noraboa #blgtk08#e ánimos
Comentario por juan (28-10-2011 22:52)
33 Non á censura! Non podemos permitir perder calida#blgtk08#de democrática. Moito ánimo e a seguir na loita!
Comentario por Manolo Vazquez (29-10-2011 08:34)
34 Unha inxustiza máis. Equipo directivo, inspección...unha mágoa, non teñen algo máis interesante ao q#blgtk08#ue dedicar o tempo que a recortar tamén a liberdade de expresión?
Seguirémoste inda + a gusto
Comentario por Eulàlia (29-10-2011 22:18)
35 Adiante meu, non te coñezo nin leín ainda nada do blogue, mais vivimos no País que vivimos e sabemos ben a que está caindo. Pareceume intelixente a tua decisión#blgtk08#, pois con ela non botas ao lixo o traballo feito e faste forte fronte aos que pretenden facer pasar a censura por norma. Que non te calen e que non nos calen.
Comentario por Xaime (29-10-2011 22:43)
36 Moito ánimo compañeiro. A liberdade de expresión debe estar por enriba de todo.É duro seguir loitando contra estas#blgtk08# inxustizas pero debemos continuar na loita por un ensino público e de calidade.
Non te esquezas de vivir!
Comentario por Suso de Carballo (30-10-2011 20:40)
37 Parabéns pola túa decisión. Eu tamén teño un blog con artigos que á inspección educativa lle poderían parecer inapropiados (pertencen ó tema "tramPPas de la Xunta", jeje), pero penso que o importante é manter u#blgtk08#nha actitude contestataria ante as inxustizas que hoxe día seguen a azorar a aqueles que cremos na liberdade de expresión e na crítica do inxusto. Todo o meu apoio e admiración, compañeiro!! Saúdos desde Verín
Comentario por David (31-10-2011 12:44)
38 se tiene lo que se vota: este nuevo fascismo que ataca todas las libertades y que nos quiere hacer retroceder al nivel y las maneras de hace un lustro y aun asi la gente parece que quiere mas.

y la unica respuesta #blgtk08#es una educación libre y critica, un pueblo educado es un pueblo libre, por eso insisten tanto con nosotros los educadores

por cierto votar otra cosa tambien ayuda

saludos desde la castilla profunda
Comentario por jc (31-10-2011 13:35)
39 Moito ánimimo, Nito. Paréceme moi ben que decidas non tirar con to#blgtk08#das esas horas de traballo non remunerado a prol da normalización
Comentario por Ana (31-10-2011 18:32)
40 mil bic#blgtk08#os máis
Comentario por Patricia Arias Chachero (01-11-2011 13:04)
41 O que non ten que #blgtk08#facer fai trompos.
Comentario por Joseán (01-11-2011 18:57)
42 Veño de ler esta nova e síntoo moitísimo. Seguín o teu blogue desde que te coñecín e vexo que o encomiable labor que fixeches pretenden, coma o de moitos outros, apartalo coas maneiras máis fachoide#blgtk08#s que existen. Isto entra todo dentro da caza de bruxas á que estamos sometidos. Daquela, só me resta desexarche moitos ánimos e capacidade para RESISTIR o ataque.

Unha aperta grande
Comentario por V. Unha amiga (01-11-2011 19:00)
43 Ánimo e adiante, compañeiro. Se cremos en algo e estamos nun país libre non podemos deixar que nos ameacen e nos ami#blgtk08#lanen. Loitemos pola liberdade de expresión e defendamos a nosa lingua e o ensino público con todas as nosas forzas
Comentario por Antón (02-11-2011 12:17)
44 Um abraço e adiante,#blgtk08# nem um passo atrás!
Comentario por séchu (03-11-2011 03:39)
45 Ola, son eu de novo, Tan só escribo para deixar constancia do nivel de censura desta Consellería fascista e franquista. Desde que deixei o meu comentario aquí o outro día, O MEU BLOG ESTÁ BLOQUEADO DESDE A REDE CORPORATIVA DA XUNTA. Non se pode acce#blgtk08#der a el desde ningún ordeador que estea conectado a Internet nesa rede... Isto é alucinante, temos que facer algo ou senón volveremos ó crucifixo, ós rapaces arrodillados sobre garbanzos e ás encíclicas papais e reis godos... Un saúdo desde Verín!!
Comentario por David (03-11-2011 12:02)
46 MENUDA ÉPOCA DE MEDIOCRIDADE!ánimo porque non hai ben máis preciado que a información que nos fai comparar,valorar,priorizar, claro...algo hay que #blgtk08#saber e os mediocres non teñenoutra forma máis que sacar de diante, si se prepararan!!! ÁNIMO!NON nos imos CANSAR...DE CAMIÑAR SUMANDO.CARMEN DURÁN
Comentario por (03-11-2011 19:57)
47 Menuda aventura a túa David. No meu centro nalgúns ordenadores aparece "Usted no está autorizado para ver este blog". Tanto este como o de Milprimaveras. Un día vou capturar a imaxe para que a vexades. O cu#blgtk08#rioso é que nuns si se ve sen problemas e noutros non. Aínda non o entendo.

A túa historia tamén na puxen en Milprimaveras:
http://www.blogoteca.com/galefas/index.php?cod=105861
Comentario por Nito (04-11-2011 22:28)
48 Adiante compañeiro, cuidate moito e sobre todo e cando teñas forza non consintas que te calen, que te leven por diant#blgtk08#e, e a xistiza é a veces o único camiño que entenden, asesórate, gasta uns cuartos e lévaos ao xulgado....calarán!!!!
Comentario por Ramón (06-11-2011 11:09)
49 goo#blgtk08#d!
Comentario por replica louis vuitton (06-02-2012 16:47)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo electrónico: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0