Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249 Primeiro danche premios e logo chámanche xabardo - DINAMIZANDO A LINGUA
Esta imaxe de arriba ben a conto porque fai uns anos, estando en Poio, eu, e ninguén máis (fun o único voluntario naquel momento), levaba a páxina web do colexio aquí sinalado. Hoxe en día estou a facelo, do mesmo xeito, con este modesto blogue de Normalización. Aclarar que hai moita información que a subo porque ma remiten os compañeiros e compañeiras.
Ate este curso, no novo centro que estou, non se me permitiu máis (a marcaxe foi sempre férrea). E non sei o tempo que lle quedará porque hai unha presión que tamén se lle pode chamar política, que está medrando ... e a miña saúde e as miñas outras obrigas non sei se darán para tanto. Dende logo se aquí non me deixan falar fareino noutro lado. A miña pregunta en todo isto é Por que non podemos defender aquí o ensino público?
A que temos medo?
Vai ser un paradoxo ter que defender o ensino público nun sitio privado.
Como podedes comprobar a páxina web (CEIP A Seca) estaba en Blogues Educativos de Interese no servidor da Xunta de Galicia. Hoxe está máis ben parada (a do cole), xa case non sei como a manteñen. Co tempo que temos, e agora áinda máis cos novos horarios, levar semellante traballo, non é nada doado, "Non é moco de pavo".
Sei que hai xente que se cuestiona se os contidos son educativos ou non, apropiados ou inapropiados, políticos ou non políticos, ou se procede poñelos aquí ou noutro sitio. Son opinións. Tamén podo engadir, que o ano pasado, houbo compañeiros que aprobaron a oposición e que me comentaron que nos cursos que tiñan que facer nas practicas (Funcionario en prácticas), este blogue, agora censurado, foi un dos aconsellados, dentro dos educativos, por ser dos máis dinámicos que había na rede. Paradoxos da vida.
Debaixo puxen, primeiro a imaxe dos premiados no 2007-2008 en Innovación Lingüística, no noso centro (en Poio) eu mesmo solicitei e coordinei o curso. Máis abaixo están algunhas imaxes das ligazóns onde está metido Mundiño ou nlcampolongo.
Poñendo en google "nlcampolongo" tamén aparecen outros enlaces a outros artigos do blogue.
Sei que se lle pode pedir máis cousas a un blogue, este ten as súas limitacións, e eu tamén teño as miñas.
Se a esto lle xuntamos que en pouco máis de dous cursos xa ten máis de 58.000 entradas, eu diría que este blogue está axudando a que se lea en galego. Non si?
Remato deixando un vídeo, para aqueles que non me coñecen, onde comento algo do que fixemos para que nos concederan o Premio de Innovación Lingüística. Por certo, o máis chulo do vídeo, e a canción "O rap da macedonia" que fixeron uns alumnos de 1º. Foi un éxito total no colexio.
Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0