 Atracan de madrugada unha xoiería e a "policía" precisa dun sospeitoso.
Axiña, atopan un borracho preto do lugar e lévano para a comisaría. Alí báixano ata ó soto e un "policía" comeza a pórlle a cabeza ó borracho nun balde de auga.
Cando o borracho está case sen aire, o "poli" sácao para fóra, e pregúntalle:
- Onde están as xoias?
O borracho balbuce intentando recuperar o alento e a respiración, pero o "policia" repite a operación tres veces, ata chegar ao cuarta..
O borracho, a piques de afogar, comeza a bafexar e a tomar aire e o "policía" de novo:
- Onde están as xoias?
E o borracho contesta:
- Cagho naaaaa c.....nnnnn ...para dunha vez, carallo !
Contratade un mergullador, Que ... que... ! Que eu non as vexo!
|