O día 29 de xuño de 2011, na Praza Bouza Brey da cidade de Pontevedra, a Irmandade Xurídica Galega erixíu un monumento ao insigne maxistrado D. Fermín Bouza Brey. D. Xosé Luís Franco Grande, académico da R.A.G. e amigo do homenaxeado, foi o encargado de louvar a súa figura nun discurso cheo de emoción e recordos. D. Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, estivo presente no acto e dirixíuse ao público asistente, entre o que se encontraban os fillos do homenaxeado, louvando a figura do insigne polígrafo e xuíz. Tamén D. Anxo Lorenzo, Secretario Xeral de Política Lingüística, deixou constancia a través da súa palabra do moito que Galicia lle debe á figura e obra de D. Fermín Bouza Brey. D. Xoaquín Monteagudo, Presidente da Irmandade Xurídica Galega agradeceu a colaboración de todos os que asumiron a proposta da Irmandade e fixeron posible que o monumento sexa xa unha realidade. Dª. Isabel Bouza Alvarez, filla de D. Fermín Bouza Brey, agradeceu en nome da familia o recordo e os actos que a Irmandade Xurídica Galega leva a cabo na honra do seu pai.
Ver nova na prensa |