Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Alfonso Costa
Sen a lingua seriamos monicreques que dormen no faiado da Historia?

?Somos como estraños nunha terra empeñada en perder a súa fala e en renunciar a ser única no gran proxecto humano. A volta é necesaria a fin de recuperar as fontes primixenias?

"O idioma é máis importante que a arte, e mesmo que as institucións. Cada palabra nosa trae a historia dos que nos precederon. Mentres exista a nosa lingua existimos como pobo, do contrario estamos abocados a ser unha va ilusión, monicreques inanimados que dormen no faiado da Historia. A nosa nula autoestima fainos quedar sempre como por debaixo dos demais e isto é lástima porque os nosos e nosas creadores, en todos os ámbitos, están á altura das máis importantes manifestacións do mundo. Sentírmonos orgullosos do noso idioma é, a todas luces, máis beneficioso para o conxunto do país que non andar gabando o de fóra, só por ser de fóra, en detrimento do que nos é propio".


Ver todo.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 20-09-2010 22:45
# Ligazón permanente a este artigo
1º Fiscal en utilizar o galego na xustiza
Entrevista a Benito Montero. Recoñecido como o 1º fiscal que utilizou o galego na xustiza.


"Suprimir os exames de galego para formar parte da administración é unha barbaridade"


Ven de ser nomeado Fillo Adoptivo do concello de Poio pola defensa do galego na administración de xustiza, na que exerce como fiscal desde 1970. Benito Montero (Cambados, 1944) vivía de cativo a actividade dun partido xudicial, no que seu pai exercía como taxista, ao que acompañaba no vehículo cando trasladaba xuíces, avogados e as mil persoas que concentraba unha capital comarcal como aquela na procura da lei. Fundador da Irmandade Xurídica Galega, fervente defensor do galego na práctica xurídica, Montero é recoñecido como o primeiro fiscal que usou o galego.

Ler a entrevista completa en A Nosa Terra.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 18-07-2010 10:45
# Ligazón permanente a este artigo
Confesións dun sicario
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 15-07-2010 23:45
# Ligazón permanente a este artigo
Ofensiva contra o galego
Henrique Monteagudo

Finalmente, a Xunta de Galicia deu forma ao anunciado proxecto do novo decreto ?do plurilingüismo?. Este proxecto chega despois dun longo e tenso debate social e dunha serie de sucesivas mobilizacións cívicas que atinxiron unha extensión e intensidade sen precedentes, e logo da presentación ao público dunhas ?Bases? que mereceron un amplo rexeitamento das institucións consultadas pola Xunta (Real Academia Galega e Consello da Cultura Galega), e de practicamente todos os sectores atinxidos. As presentes liñas están escritas con posterioridade ao acordo do Consello Escolar de Galicia, mediante o cal este manifestou a rotunda oposición da meirande comunidade educativa ao dito proxecto, e antes do pronunciamento do Consello Consultivo de Galicia, que é de agardar que acabará sinalando os aspectos do mesmo manifestamente discordantes coa legalidade.

O que vén é un texto redactado, pois, coa esperanza de que finalmente ese proxecto sexa retirado polo goberno galego, e o Partido Popular se aveña a constituír, tal como propuxo o Consello da Cultura Galega e asumiron os partidos da oposición, unha comisión no Parlamento de Galicia para a discusión dun novo proxecto elaborado por acordo dos tres grupos parlamentarios, unha comisión que tamén debería oír distintos axentes sociais (especialmente da comunidade educativa) e expertos e abordar un programa de desenvolvemento consensuado do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega aprobado unanimemente polo mesmo Parlamento en 2004, e ratificado tamén unanimemente en 2008. O que segue non é un estudo sobre o decreto en si mesmo, senón unha reflexión sobre o contexto político-lingüístico en que este aparece.
1. O contexto sociolingüístico

Ao mesmo tempo, o presente escrito foi rematado aos poucos días da difusión nos medios de comunicación dos resultados da enquisa do Instituto Galego de Estatística, en que se recollen datos sobre coñecemento e uso do idioma galego correspondentes a 2008, comparables cos que o mesmo IGE recolleu en 2003. Sen entrar nunha análise demorada deses datos e pasando por riba dos moitos matices que ofrecen (pois isto non cabería na presente reflexión), cómpre chamar a atención sobre tres aspectos relevantes: continuar lendo

Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 24-04-2010 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
Paco Ibañez e a súa opinión sobre a lingua
Paco Ibañez, nunha entrevista dinos que primeiro é o galego e despois o castelán. Iso é o que pensamos moitos, e como galegos, por sentido común, debería ser así. Non si?

Deixamos aquí unha das súas cancións e das de moitos dos que xa temos certa idade. A primeira, xa que estamos no més da poesía, dunha poesía de Gabriel Celaya: "La poesía es un arma cargada de futuro", e a segunda dun poema de George Brassens: "La mala reputación".





Páxina web de Paco Ibañez.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 24-03-2010 23:11
# Ligazón permanente a este artigo
Bilingüísmo e inmersión
De Varias


Ler a entrevista enteira.
Comentarios (2) - Categoría: Opinión - Publicado o 22-03-2010 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
Carta aberta de Xabier Docampo a Anxo Lorenzo
Carta aberta de Xabier Docampo, mestre e escritor, a Anxo Lorenzo, Secretario de Política Lingüística.

"Sr. Lorenzo: Acabo de ler as súas desafortunadas declaracións en Faro de Vigo e La Opinión. Por certo, constato que ou fai estas declaracións á prensa en castelán ou non é capaz de esixir, como cómpre tendo en conta o seu cargo, que sexan publicadas en galego; se cadra, ten que facer méritos para lle demostrar a ben sabemos quen, que xa é un bo converso. Logo de lelas, debo dicirlle que vostede mente; ou sexa, di algo que sabe que non é certo co ánimo de enganar aos galegos e ás galegas. E antes de continuar, voulle demostrar que isto é así.

Di vostede que ?El problema es que no existe cobertura legal para obligar a nadie a hablar o escribir en gallego. Esto ya lo advirtió el Consello Consultivo en 2007?. Vostede coñece, é imposíbel que o ignore, que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa sentenza 1084/2007, rexeita o ditame do Consello Consultivo de Galicia e declara que é perfectamente legal que ?Nas áreas, materias ou módulos impartidos en lingua galega, o alumnado utilizará, con carácter xeral, o galego nas manifestacións oral e escrita.? Por non falar das numerosas ocasións en que o Tribunal Constitucional avalou a pertinencia desta utilización nas aulas, como vía para a súa aprendizaxe.

Dicir o contrario é mentir e, por aquilo de que "quen fai un cesto fai un cento se lle dan varas e tempo", dedúcese que dun mentireiro pouco máis podemos agardar que mentiras.

Di vostede ?La ley no permite obligar a hablar gallego?. Pode, daquela, a lei obrigar a aprendelo nas clases de galego? Pode obrigar a lei a aprender a táboa de multiplicar? O que se aprende e usa na escola ten que estar explicitamente escrito na Constitución? Se a competencia nunha lingua só se adquire utilizándoa, como a han adquirir logo? Acaso por ciencia infusa? Son vostedes un fato de mentireiros e uns trapalleiros. Entregaron a súa alma ás minorías negacionistas cunha obscenidade escandalosa.

O seu decreto está envolto na mentira, na falsidade dos datos e das expectativas. Está feito sabendo que os alumnos e alumnas de familias castelán falantes nunca acadarán unha competencia mínima en galego. Está, pensado desde os privilexios de clase, feito para satisfacer os desexos antigalegos dun sector dos pais do alumnado do ensino privado (o de concertado non é máis que un uso indebido de medios públicos, mentres obriguen por vía de achegas ?voluntarias? a pagar unha cantidade mensual complementaria).

Sr. Lorenzo, vostede, ao se facer reo voluntario da política etnocida do Sr. Feijoo, saberá canto lle pagou a pena botar pola xurreira abaixo unha carreira profesional merecente de todo respecto. Agora só fica para vostede a indignidade de ser, en complicidade con Falange Española de las JONS (vostede escribiu este decreto ao ditado do que eles demandaron en Compostela en febreiro de 2009), quen pasará a historia como a persoa que defendeu o maior ataque legal contra a lingua propia de Galicia desde Francisco Franco (que tamén era ?gallego y de Falange?). Lamento moito ter que dicilo, pero a súa traizón cóbreo de indignidade. O seu cometido e desexo non foi nunca, agora o entendo, o de estabelecer un marco legal que substituíse ao mesmo decreto 124/2007 que defendeu publicamente; vostede foi encargado de lle dar unha aparencia científica e legal á mentira, o engano, a traizón. Non teño xa que escoller ningún cualificativo para lle aplicar, dedúcense doadamente do seu proceder.

Pero, de todos os xeitos, permítame que lle diga que aínda podería recuperar en boa parte a dignidade perdida (só os que nunca a tiveron non poden recuperala). Dimita. Abandone o barco onde xa só fican ratas. Déixeos sos. Dígalles que vostede non pode amparar semellante barbaridade, que non pode traizoar unha institución que, antes ca vostede, ocuparon outros e, uns máis e outros menos, todos foron facendo cousas, sempre avanzando por pouco que fose. Dígalles que non quere ser lembrado como único responsábel de Política Lingüísitca que fixo retroceder o galego nos seus dereitos. Que o fagan eles se queren, non se suicide socialmente, regrese á comprensión dos seus que, máis tarde ou máis cedo, sempre han entender que foi capaz de ter dignidade á última hora. Destes só pode agardar que o deixen tirado na cuneta (estilo falanxista) cando pensen que xa non lles serve. É difícil, pero mentres non estea o decreto no DOG sempre estará a tempo de merecer o respecto dos galegos e das galegas de hoxe e de mañá.

Despois xa nunca o poderá ter. Máis tarde ou máis cedo o seu decreto tamén será derrogado, cambiase por outro e deste só ficará a ignominia.

En calquera caso, non siga a mentir, que nin vostede nin eu nacemos onte".


Sacado de Vieros
Comentarios (4) - Categoría: Opinión - Publicado o 17-03-2010 22:21
# Ligazón permanente a este artigo
Datos do uso do Galego
Este governo insiste no mal chamado equilibrio das linguas no ensino. O desequilibrio é tan grande hoxe en día, que tanto nas empresas, como nos medios de comunicación, como na escola, nas familias,... que dende logo, se non se toman medidas de discriminación positiva, o galego dentro dun par de xeneracións practicamente desaparecerá. A lei do mercado español non vale para protexer o patrimonio, móvese por motivos uniformistas, falsamente económicos, de especulación. Aquí aínda non se ve que a cultura tamén da traballo e produce riqueza, e o mellor de todo, da identidade e dignifica á persoa, pois respecta a cultura dos devanceiros.


Nesta presentación podedes comprobar o tremendo desequilibrio no que se atopa a nosa lingua. E despois algún "simpático" di que o castelán está en perigo.

Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 02-02-2010 23:26
# Ligazón permanente a este artigo
O Consello da Cultura tamén rexeita as Bases ...
O máximo órgano consultivo fai fincapé na necesidade dunha discriminación positiva para o galego e advírtelle ao Goberno da ?conflitividade? que poden crear os seus plans


Poucas veces unha proposta gubernamental tivo a tantos en contra. Ninguén, agás o propio executivo, está disposto a mirar cara a outro lado cando lle poñen enriba da mesa as ?Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo?. O último pronunciamento público fíxoo este martes o Consello da Cultura Galega. A institución considera que o decreto que pretende sacar adiante o Goberno, ademais de ser un paso atrás para a lingua galega, ameaza con converterse nunha fonte de conflitividade.


Ler máis en Vieiros.

Que é o Consello de Cultura Galega?
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 02-02-2010 15:40
# Ligazón permanente a este artigo
Entrevista Méndez Ferrín.
SANTIAGO ROMERO - A CORUÑA A elección por ?maioría absoluta? de Xosé Luis Méndez Ferrín como novo presidente da Real Academia Galega confirma a unidade en torno á elección do seu presidente que se mantivo na institución académica nos últimos anos. De feito, o anterior presidente da institución, Xosé Ramón Barreiro, avalou a súa candidatura, xunto a Xosé Luís Axeitos, e o catedrático de Filoloxía Ramón Lorenzo. Agora Axeitos unirase, como xa o fixo con Barreiro, á nova executiva, na que tamén seguirá Manuel González. Tras a súa elección, Ferrín sostivo que a súa presenza ?garante? unha etapa ?continuista? na traxectoria da Real Academia Galega ?e o respecto no estilo e o modo de traballar da entidade?, apuntou. Tamén destacou a incorporación de Francisco Fernandez Rei e Euloxio Ruibal.

En canto aos seus obxectivos nesta nova etapa, indicou que estarán o ?apoio? á presenza da institución académica en actos públicos e a aposta por ?reforzar e facer máis efectivos os traballos internos da Academia?, indicou ao referirse á necesidade de impulsar os traballos en ámbitos como a lexicografía ou a gramática.

Así mesmo, manifestou o seu desexo de que esta institución sexa ?canto menos mediática, mellor? e apuntou que espera que situacións como as xeradas polo borrador do decreto do galego ?sexan raras e que non volva haber ningunha de tal calibre?, engadiu. De tódolos xeitos, advertiu de que a Real Academia Galega será ?inflexible? na defensa do galego. Por outra banda, cualificou de ?especulacións informativas? as noticias sobre o malestar pola súa candidatura na Xunta de Galicia e destacou o trato ?amable? tanto cara á súa persoa coma á Academia por parte de membros do Goberno galego.

?Xa veremos nas formas?, engadiu Ferrín, quen aproveitou tamén para reclamar a asignación dunha partida para esta institución nos presupostos da Xunta. A este respecto, o novo tesoureiro da RAG, Manuel González, cifrou en 1,2 millóns de euros a asignación necesaria para que esta institución ?teña un presuposto estable e pode facer unha planificación independente?. O novo presidente fala nesta entrevista concedida a FARO DE VIGO dos retos que ten por diante.

?Como xurdiu a iniciativa de postularse á presidencia ?

?Pois a proposta foi que un grupo de académicos pensou que eu podía continuar a obra de Del Riego e de Barreiro, a nova academia en realidade, que podía ocuparme diso. Eu penseino e aceptei. Hai outras personalidades aquí presentes que tamén o podían ser, pero non se moveron nesa direción, de maneira que quedei como candidato único. Nesta casa non houbo ningún movemento contra min, as cousas que se insinuaron na prensa penso que son falsas, nin siquera creo certo que estivera a xunta de Galicia preocupada por min, os que estaban preocupados eran algúns columnistas, pero eso non ten a menor incidencia.

?Cando saltou a notiocia aos medios, moitas informacións viñan acompañadas de aclaracións nas que se analizaba que Ferrín non era tan radical como algúns creían, Serviu todo isto para disipar esa certa aureola de lobo feroz?

?Nunca tiven esa aureola de lobo feroz. Eu penso que sosteño unhas ideas públicamente, ideas políticas e de concepción do mundo, que son as mesmas que teñen milleiros de persoas no mundo intelectual. Non pensó que a estas alturas lle podan producir medo a ninguén. En todo caso, eu non veño aquí a facer política.

?Houbo algún escritor de sona, non académico, que rexeitou a súa candidatura pola súa radicalidade.

?Está claro que non lle son nada simpático.

?Que pesaba a favor ou en contra na súa decisión de aceptar este desafío?

?A favor, pesaba a miña posición política e ética de moitos anos. Se podo servir a Galicia en algo tan valioso como o idioma, pois o fago. En contra, pesaban os meus intereses particulares, a miña tranquilidade e o dano que poda facer este cargo á miña produción literaria, que poda reducirse . Tampoco é demasiado traballo, por outro lado.

?Como vostede mesmo sinalou pouco despois da votación no pleno da Academia, a presencia de Barreiro e Axeitos na nova executiva de Barreiro garante una política de continuidade, pero por outro lado, Euloxio Ruibal, unha das novas incorporacións á executiva, comentaba cando se pechou o plazo de candidaturas que a presidencia de Ferrín abría un novo espíritu. Como se pode definir ese novo espíritu dentro desa continuidade?

?Eu creo que o do novo espíritu de academia deuse co manifesto do 17 de maio que era unha lingua para todos e ca critiva colectiva que se fixo as bases do deccreto do galego da Xunta. Iso conforma unha nova academia máis madura, máis coherente e máis cohesionada, non hai discrepancias nas cousas fundamentales. Esa é a nova academia que nós creamos. Claro que Euloxio Ruibal véo como un novo camiño, efectivamente, pero ese camiño xa viña tamén marcado.

?Ese camiño está xa marcado por exemplo na liña de defensa da lingua galega fronte ao decreto da Xunta. Que pasará se o goberno galego mantén a súa posición sobre o idioma?

?Esa é una cuestion deles. A cademia fíxolle ver aos poderes autonómicos con claridade meridiana e ás forzas implicadas, á sociedade, que o ensino na democracia non é cousa de pais e fillos. Eu xa non podería votar, por exemplo, porque non teño fillos escolarizidos, outros son célibes e non teñen fillos. Pensó que en cousas tan importantes teñen que opinar todos os cidadáns. Fíxoselle ver iso con educación e con claridade á Xunta e tamén as organizacións sindicais , culturais e de defensa da lingua. Agora, quen ten que modificar a súa actitude son os que provocaron co seu radicalismo a ruptura do status. Nós somos conservadores, estamos a favor do estatus.

?Terase que ver con Feijóo para aclarar estas cuestións.

?Véxome con Feijóo con moita frecuencia, non teño ningún problema en falar con el. Verémonos con Feijóo cando el nos dea audiencia, teremos que facer unha visita institucional e tratar de cousas que teñen que ver coa Academia.

?Que opinión lle merece respecto doutros presidentestes conservadores , como Fraga?

?Con respecto ao galego ten unha actitude completamente diferente á de Fraga Iribarne, a quen eu non saudei na miña vida. É unha actitude de ruptura co que fixo o anterior goberno do Partido popular. Eles saberán por que o fan.

?Un dos argumentos é que están amparados pola maioría de votantes.

?Eles poden facer un decreto como queiran, sempre que se axuste á lei. Eso ninguén llo discute, nin as masas o dereito de manifestarse na rúa. Pero penso eu que a maioría do PP no Parlamento de Galicia é moi precaria como para facer un cambio tan radical con respecto ó anterior. Non é suficientemente forte esa maioría. Isto é unha opinión. Tamen a anterior Xunta tiña esa mesma situación, por iso non se atreveu a facer cambios radicais no ensino nin en nada. Era consciente da sua precariedade. Por outra parte, existen moitos castelán falantes nestes momentos que consideran o galego como un ben e non queren medidas desprotectoras. Non son todos de Gloria Lago.

?A Xunta parece estar comezando a recuar no tema do decreto. Aparte do eco da manifestación en Santiago, tivo algo que ver con este cambio o pronunciamento da Academia?

?Non o sei, a min gustaríame pensar que sí, porque difícilmente lle chegou á Xunta un documento deste tipo, o único que se lle pode semellar e o que lle acaba de enviar un grupo de xuristas que coincide nun 100% con noso análise legal, sinal que lemos os mesmos libros de dereito.

?Un lingüista galego de sona internacional, discípulo de Chomsky e catedrático en Washington, Juan Eguriagereka, seguidor da polémica en Galicia, manifestou que estes conflictos deberían solucionarse á marxe dos partidos políticos.

?Probablemente teña razón , pero hai un aspecto da lingua que afecta á política. Nas linguas estatales non oficiais, os programas educativos promovenas os políticoss. O outro é un soño. Os políticos son os que respaldan finalmente as ortografías que promoven as academias Estamos no mundo moderno, non estamos na selva primixenia nin na horda primitiva, nas que as linguas se producían espontáneamente e se sobrevivían, se asimilaban. Estamos no século XXi, no que o Estado influe na lingua.

?Antes da actual digamos regresión do decreto, tampouco a situación era magnígica para o galego na práctica real...

?Para min era suficiente a lei que había antes, consensuada por todo o Parlamento, o que non estaba ben e que esas leis non se puxeran en vigor no ensino mediante inspecións e plans de intervencións claros que fixeran cumprir realmente o 50% do galego no ensino , pero eso son accións de goberno protectoras do galego. Que efectivamente non se levaban á práctica. Pero as leis desde o meu punto de vista estaban aí. Agora saese desa situación legal cun decreto radical e utópico.

?O conselleiro de Cultura afirma que o problema da cultura é que está acomplexada...

?Por iso está traducido Manolo Rivas a 30 linguas no mundo e Jiménez Losantos non. Cando un escritor galego está traducido en francés por Galimard non se poden dicir esas cousas.

?Que pode facer a Academia para para aumentar o prestixio social do galego?

?A Academia so é un factor. Esa tarefa non lle compete só a mundo intelectual como moitos pensan. Na sociedade hai algo máis que intelectuais, e o galego está asumido hai anos polo sindicalismo, por exemplo. Hai unha toma de conciencia contraria a ese desprestixio, pero isto compételle á totalidade da sociedade.

?Axudaría nisto una normalización da precaria situación financiera da Academia? É a única institución deste tipo en Europa que non ten fixada unha asignación estable polo Parlamento.

?Por suposto, o da Academia é un escándalo. É unha pobreza, vivimos nunha especie de beneficencia con axudas puntuais. Teria que haber no parlamento galego unha partida nos orzamentos para dotar á Academia. Como acontece noutras autonomías onde hai institucións multimillonarias. Isto é precariedade. Como as axudas son puntuias e discrecionais, se te portas ben, dánchas e se te portas mal, non. É algo que se eliminaría se nos orzamentos da autonomía houbera unha partida para a Academia que non puideran retirar de ningunha maneira. Isto éasí porque a Academia non pertence á Xunta de Galicia, o cal desde o meu punto de vista siñifica que non é un órgano autonómico, paradóxicamente é un órgano de titularidade estatal, real. Eso dalle moita indepencia, pero a coloca nun limbo que a asfixia económicamente.

?En que lectura se refuxiou da tensión nestes días en capela?

?Pois nada, claramente nun libro inédito de Farruco Sexto Novás que recolle todos os seus poemas galegos e para o que preparo un prólogo. Vai ser un libro de impacto.
Comentarios (0) - Categoría: Opinión - Publicado o 31-01-2010 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0