Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Actividade Poema-río
Hoxe a Asociación Vaipolorío fixo a actividade Poema-Río, coloborando co Concello co programa "Maio, mes da lingua".

A actividade consistiu en ler uns poemas que se puxeron nalgunhas árbores, sobre todo en acácias (por ser invasoras) para non facer dano a outras autóctonas.

Deixamos unha mostra dalgúns dos poemas, do tramo urbano. Hai algúns máis no tramo rural. Xunto a estes hai outras fotos, algunhas nada bonitas, pero estas mostran aínda o pouco civilizados que son algúns ó tirar lixo neste precioso ecosistema. Esperemos que pouco a pouco todo saibamos valorar esta xoia que temos na cidade.


Algúns dos poemas podelos ver mellor na páxina Ríos Galegos.

Comentarios (0) - Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 30-05-2010 13:37
# Ligazón permanente a este artigo
Paseo didáctico con Vaipolorío

O 11 de xuño, o alumnado de 6º (3º ciclo de primaria) terá unha saída didáctica (aprazouse para 21 de xuño) polo tramo rural do río Gafos. Acompañarannos dous compoñentes da Asociación Vaipolorío. Eles darannos explicacións sobre o ecosistema de ribeira e o seu patrimonio.

Esta actividade está contextualizada dentro do contido de Actividades na Natureza de E. Física e Coñecemento do Contorno dentro de Coñecemento do Medio. Ó mesmo tempo cumpre ,tamén, algún dos obxectivos do Proxecto Atlántico, dentro das Escolas Unesco, como pode ser a valoración do patrimonio natural.
Neste os alumnos xa comezaron a facer traballos onde recopilan información diversa sobre estes dous elementos medio ambientais como son o río Gafos e a Ría de Pontevedra. O seu aposento.

Dentro do coñecemento do contorno, temos como obxectivo coñecer o noso río, O Gafos, no tramo máis descoñecido para os habitantes de Pontevedra, o tramo rural, que comeza preto da Estación de Autobuses.

Xunto con esta actividade temos tamén outra relacionada e paralela como é a de coñecer mellor a Ría de Pontevedra, onde desemboca o río Gagos.Para esta incluímos aquí o vídeo que se atopa na categoría do Medio Ambiente, "A Ría de Pontevedra".

Tamén, o domingo 30 de maio, esta asociación fará unha saída denominada Poema _río.
Ver nova na súa páxina.

Deixamos aquí uns vídeos que nos axudarán a coñecer máis esta xoia que temos en Pontevedra.






Ría de Pontevedra




Fotos incluídas posteriormente feita xa a actividade:




Comentarios (0) - Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 21-05-2010 19:55
# Ligazón permanente a este artigo
Flora do Courel
Comentarios (0) - Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 13-05-2010 17:01
# Ligazón permanente a este artigo
A ría de Pontevedra
Este vídeo vai acompañado dunhas unidades didácticas, que dispón para o noso centro o Equipo de Normalización Lingüística. Se alguén as quere demandar para outro colexio terá que poñerse en contacto coa APDR (Asociación Pro Defensa da Ría).



Recursos didácticos: tres unidades didácticas
Comentarios (0) - Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 24-03-2010 23:47
# Ligazón permanente a este artigo
Fai algo por ti e por min


Música: Amencer de Carlos Nuñez.
Comentarios (3) - Categoría: Medio Ambiente - Publicado o 07-12-2009 11:40
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0