|
|
|
Plano das árbores nos Xardíns de Vicente (Pontevedra) |
|
Ver no Blog "Entre Herbas do Ghafos" |
|
|
|
Corvos Mariños |
|
 |
|
|
|
Ecoloxía/Ecolingüismo |
|
|
|
|
|
As árbores |
|
 |
|
|
|
Ilha das flores |
|
Esta polémica curta da moito que falar ou reflexionar ... A" curta está listado no livro "1001 Filmes para Ver Antes de Morrer", organizado por Steven Jay Schneider.
Sen ser unha curta, e para non quedar con mal sabor de boca podes ver esta outra opción:
|
|
|
|
Como se traballa o bosque en Finlandia |
|
 Na seguinte ligazón:
http://w3.upm-kymmene.com/upm/forestlife/index.html
tes un traballo feito para estudar como se traballa a foresta nun dos países nórdicos, Finlandia. O Programa podese seguir en inglés, francés, alemán, ...
Dentro irás investigando páxina por páxina e dándolle a un asterisco onde aparacerá un pequeno texto, unha foto ou un vídeo. É bastante curioso e máis se tes interés tamén en aprender os nomes das árbores e dos animais noutras linguas.
|
|
|
|
Saída polo río Gafos |
|
Hoxe, 21 de xuño, tivemos os de 6º de primaria a saída aprazada do 11 de xuño (por causa da chuvia), polo río Gafos.
Fixemos un anaco do trozo rural do río, dende a Estación de Autobuses ata a Ponte da Pontesa. Antes fomos, pero sen os guías, e sen parar, polo tramo urbano para chegar ó sitio acordado polos compañeiros. Acompañáronnos dous guías da Asociación Vaipolorío.
Aprendimos moitas cousas con estes dous veteranos guías: nome de prantas, paxaros, algunhas partes dun muíño, cales son as árbores invasoras, cales as autóctonas, que é o como se fai un tiratacos , ou como se fai unha buxaina cun carrabouxo (bugallo, coca, ...).
Foi unha xornada que sen dúbida volveremos repetir nos vindeiros cursos.
Para recordar algunhas cousas, e ver o que aprendestes, imos facer unha autoavaliación. Deixampos 10 preguntas para que respostedes das curiosidades que se comentaron nesta día de xeira (por cada resposta acertada tes un punto):
1- Como se chama a flor do castiñeiro?
2- Cal é unha das árbores máis invasoras que había por este río?
3- Como se chama a zona que conduce ó rio, as beiras do río?
4- Que paxaro vén en inverno ós nosos ríos galegos?
5- De que se alimenta este paxaro?
6- Como se chaman as hortas que están preto dos ríos que teñen moita humidade?
7- Como se chaman as curvas dos ríos?
8- Cal é o nome dos peixes que vimos no río?
9- Como se chama ó sitio onde hai moitos castiñeiros?
10- Cal é a diferenza principal para recoñecer un ameneiro dun bidueiro?
Deixamos unha máis de propina por se non acadaches o cinco, aínda que esta non se comentou na visita, pero dándoche unha pista podes acertala.
11- Como se chama a flor do toxo?
Pista (leva o nome dun dos premios que se vai dar o ano que vén no colexio ... E podes atopar o nome na revista do colexio.
Artigos relacionados:
Xogo da Avifauna do río Gafos.
Traballos relacionados co Río Gafos e coa Ría de Pontevedra.
|
|
|
|
Día do Medio Ambiente. Marcha Ciclista |
|

A ANPA San Xosé do noso colexio volveu organizar este ano a Marcha Ciclista polas rúas de Pontevedra, celebrando deste xeito o día do Medio Ambiente, 5 de xuño. Esta foi a VIII edición.
A nosa noraboa os organizadores porque todo saíu bastante ben, e tanto rapaces como pais, pasamos unha xornada de lecer agradable. aínda que algúns botamos de menos algo de festa "En Galego".
Deixamos neste artigo as fotos e algúns vídeos da segunda parte da festa (sorteo de regalos e os bailes e xogos co animador Javi Solla.
|
|
|
|
Presentación do Xogo Avifauna do río Gafos |
|
Na páxina web do colexio atópase a presentación que se levará a Lleida, xunto con outras, para mostrar o Xogo Avifauna do Río Gafos I. Esta actividade atópase englobada dentro do Proxecto Atlántico das Escolas Asociadas da Unesco.
Na derradeira páxina da presentación atópase as diferentes ligazóns que rodean a este traballo, aínda sen rematar, pois este curso foi o inicio para unha nova andaina no proxexto. Esperamos a colaboración de todos.
A Ría de Pontevedra.
Poemas-Río
Vídeos youtube sobre o río Gafos.
Traballos do alumnado.
Presentación: Fai algo por ti e por min.
Xogo Avifauna I do río Gafos
Estas son dúas imaxes que atoparedes na presenación: a primeira e derradeira. Dende a presenación pódese entrar tamén a estas ligazóns.
|
|
|
|
Traballos sobre o río Gafos e a Ría de Pontevedra |
|
Traballos feitos polos alumnos de 6º sobre o río Gafos, que nace na Fonte Xestiña en Figueirido, e logo pasa por Tomeza, para rematar en Campolongo, xa na cidade de Pontevedra.
Artigos relacionados:
Avifauna do río Gafos.
Paseo didáctico polo río Gafos.
Poema - Río
A Ría de Pontevedra.
Herbas de San Xoán.
Herbas mediciñais en Allariz.
Fai algo por tí e por min.
|
|
|
|
|
|
|