|
|
|
Un aparcadoiro |
|

Imaxínaste estar no fondo para saír?
A única saída este por este lado. Pois esta situación dase tódolos días polas mañáns, agás os fins de semana, neste aparcadoiro de Campolongo, Pontevedra. Leva anos "un gorrilla", ás veces hai máis dun, "xestionándoo" dunha maneira abraiante, saca e mete coches sen parar, xa todos lle deixan a chave para que el resolva "o xeroglífico".
Fai pouco viña, de cando en vez, o noso ex-presidente, Manuel Fraga, e utilizaba o aparcadoiro do mesmo xeito de como se está a facer agora, en doble ou triple fila. Preto do aparcamento hai un centro de "Terapia naturista" e Don Manuel, coido, que probou de todo para curar eses problemas de columna que ten. Xa vai tempo que non aparece por estes lares |
|
|
|
Write a verb in Youtube |
|
 Clica aquí e logo escribe un verbo co teu teclado onde borra o cazador con "tippex" (acórdate de dar un clic co rato para poder escribir). Proba con varios: eat, play, love, drink, play footboll, read ... |
|
|
|
Localizatodo.com |
|
 Queres saber cantos barcos ou avións están agora mesmo navegango ou voando pola nosa península?
Entrar en localizatodo.com/mapa |
|
|
|
O circo do sol |
|
Coñeces este gran circo. Fan cousas fantásticas, case increibles. Debaixo do vídeo hai unha ligazón para ver un espectáculo deles feito na case todo na auga. Paga a pena velo. Que o desfrutes.
|
|
|
|
Poden debuxar os elefantes? |
|
|
|
|
|
Unha entre catrocentos |
|

Como sempre nestas datas, tempo de samaín (chegada do inverno para os nosos antepasados), cando me achego ó cemiterio sempre me chama a atención unha lápida, aparte da que vou ver coa familia. Esta é a de Celsiño, a única (de catrocentas) que está en galego, nunha parroquia (na Terra de Montes) que sempre se falou, e se fala, de momento, en galego. Son paradoxos da vida. Como diría Carvalho Calero, un suicído colectivo como povo. Estamos a tempo de arranxar algo que nos viñeron impoñendo dende xa vai algún tempo. Na man de todos está recuperar o que como dicia Castelao nos define como galegos, a nosa lingua. |
|
|
|
Como abrir unha botella cun zapato |
|
|
|
|
|
Drummer gig |
|
O batería é todo un espectáculo. Este vídeo xa leva na data de hoxe máis de 6 millóns de veces visto.
A tradución de "drummer gig2 sería a de "Actuación do batería". |
|
|
|
A Marula |
|
A Aquí podedes ver algúns animais bébedos. Ninguén os emborrachou adrede, o que pasa é que comeron unha froita que "os coloca" un pouco despois do xantar. O froito é da árbore chamado Marula, este é unha árbore das cálidas rexións do África subecuatorial, onde é máis coñecido como "A Árbore do Elefante" dada a paixón que sente dita especie polo abundante froito que proporciona, o cal é moi rico en vitaminas. Cando o froito cae a terra, fermenta lixeiramente, e dise que volve tolos non só aos elefantes, senón tamén a outras especies: xirafas, cebras, monos, etc. Con todo, estes animais teñen que comer grandes cantidades para a emborracharse.
O mesmo vídeo con mellor calidade en Inglés
|
|
|
|
Solid potato salad |
|
A canción non é ningunha novidade .... pero son sorprendentes as acrobacias que fan as tres mentres cantan.
|
|
|
|
|
|
|