Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Eu falo. Os nenos e o galego
Eufalo.TV é un proxecto de documental colaborativo. É unha historia colectiva sobre a lingua, dende o punto de vista dos seus falantes. É, por tanto, unha historia feita a partir de pequenas historias, un discurso feito con moitos discursos diferentes e variados. Que cada quen tire as súas propias conclusións.

Como proxecto en desenvolvemento que é, imos ir traballando nel pouco a pouco para melloralo e facelo o máis participativo posible. Contamos coa túa colaboración para, entre todos, irlle poñendo caras ao Mapa Sociolingüístico de Galicia.
Quen o fai?

Eufalo.TV argallámolo entre A Navalla Suíza e un equipo de colaboradores formado por Noa García, Manu Mayo, Belén Regueira, Araceli Gonda, Xandra Tedín, Mabel Montes, Mónica Ares e Matías Tarrío, entre outros. Queremos agradecerlles a súa colaboración ao Leo i Arremecághona e a Isabel Risco, e ás súas familias e amigos, que se prestaron a falar con nós. E sobre todo a toda a xente que aparece nos vídeos, anónima ou non tanto.


Este que deixamos aquí leva por título "Os nenos e o galego"

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-01-2010 17:19
# Ligazón permanente a este artigo
Domingos do Principal. Bicharada
A compañía teatral santiaguesa "Berrobambán" trae ao Teatro Principal de Pontevedra unha divertida fábula animal,"Bicharada", na que un escaravello se entromete no tranquilo fogar dunha araña e unha formiga, para dar volta ás súas vidas. A posta en escena, a iluminación e a caracterización dos personaxes mestura o mundo real co imaxinario para transportar aos nenos e ás nenas a un territorio máxico, no que os reis son a linguaxe visual e o humor sen palabras. A duración do espectáculo é de 50 minutos e está recomendado para nenos e nenas a partir dun ano.
Esta obra ten dobre función: ás 12.00 e ás 18.30 horas

Se queres saber máis ou ver a programación podes entrar en
http://www.pazodacultura.org/programacion/2010/01/24/1614/none/
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 20-01-2010 22:41
# Ligazón permanente a este artigo
Proxecto Cuba
O Proxecto Cuba é un dos proxectos que imos presentar nas 3º Xornadas Galegas da Rede de Escolas Asociadas da UNESCO, este xoves 14, venres 15 e sábado 16 no Pazo de Cultura. VER PROGRAMA



Se queres ver 50 fotografías da illa podes ver esta presentación.

Cuba
View more presentations from John J.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 13-01-2010 19:37
# Ligazón permanente a este artigo
3º Encontro Galego das Escolas Asociadas da UNESCO
Durante os días 14, 15 e 16 deste mes, xaneiro do 2010, teremos no Pazo de Cultura de Pontevedra o

3º ENCONTRO GALEGO DAS ESCOLAS ASOCIADAS DA UNESCO".

Este ano 2010 será o:

"Ano Internacional da Biodiversidade e o Diálogo entre Culturas"


O noso colexio, CEIP Campolongo, por estar integrado nesta rede de escolas, tamén participa e colabora no evento.


3º ENCONTRO GALEGO DAS ESCOLAS ASOCIADAS

Se queres saber saber máis sobre As Escolas Asociadas da Unesco, podes ver esta presentación, ou ben ir ó seu enderezo na rede:



Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 10-01-2010 09:04
# Ligazón permanente a este artigo
Estudar Portugués na Galiza
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 15-12-2009 07:17
# Ligazón permanente a este artigo
Lingua habitual maioritaria.
Aínda que por estes lares soe algo raro, no consello de cultura galega, coméntase o seguinte:


"O galego segue a ser a lingua habitual maioritaria en Galicia en contra do que podía deducirse do Mapa Sociolingüístico de 2004. Así o afirmou Mauro Fernández, profesor da Universidade da Coruña, no relatorio presentado no seminario ?Lingua, sociedade e política en Galicia?, celebrado hoxe no Consello da Cultura Galega
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 02-12-2009 23:04
# Ligazón permanente a este artigo
Principios do novo Decreto do Galego
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo ofreceu onte una conferencia sobre o galego no ensino no marco das Xornadas Lingua e Educación en Galicia, celebradas na Facultade de Educación de Santiago. Alí, Lorenzo expuxo os seis principios nos que, dixo, basearase o decreto do galego na escola, que asegurou que presentará ?nas próximas semanas?. Segundo Lorenzo, o galego será a ?lingua primeira da Administración educativa?, principio que se deberá compaxinar co de ter en conta a opinión das familias.

Segundo a propia orde establecida polo secretario xeral na súa intervención de onte, os principios son os seguintes: Primeiro, que os alumnos acaden unha competencia semellante das dúas linguas; segundo, fomentar activamente o galego; terceiro, ter en conta a opinión das familias; cuarto, ?impulsar o imprescindible plurilingüísmo?; quinto, adaptar o marco normativo ?aos distintos contextos? (centros educativos, competencias do profesorado, etc.); e sexto, ?facer efectiva a lingua galega como lingua primeira da Administración educativa?.

Anxo Lorenzo tamén indicou na súa conferencia que, para que poida existir igualdade entre as linguas, ?ten que haber unha plena capacitación nas dúas linguas oficiais?. Así, avogou por ?experimentar? novas estratexias ?o máis orixinais posibles?.

Nunha conferencia máis política que educativa ante un público universitario, Lorenzo seguiu un plantexamento defensivo no que tentou respostar ás críticas que lle chegaron os últimos meses. Así, chegou a iniciar a súa intervención dicindo: ?Visto o que se comenta, temos que dicir que seguimos implicados como goberno en potenciar a lingua en todos os sectores? e asegurou que o seu ?non é un camiño regresivo, é un camiño novo e firme?.

Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-11-2009 12:39
# Ligazón permanente a este artigo
Denuncia da EBLUL
A Axencia Europea para as Linguas Minorizadas (EBLUL) insta a Xunta a ?pór fin ás iniciativas que adoptou contra o galego? ou, do contrario, denunciará a situación internacionalmente.

TEXTO DA RESOLUCIÓN DO EBLUL


O Comité do Estado español do EBLUL (European Bureau for Lesser Ussed Lenguages ? Axencia Europea das Linguas Minorizadas), reunido en Barcelona o 26 de novembro de 2009, ACORDA dirixirse á Xunta de Galiza para lle trasladar as seguintes solicitudes:

# Animamos o Goberno galego a que desenvolva unha política lingüística de promoción e extensión social da lingua propia de Galiza, pondo fin ás iniciativas que tomou nos últimos meses en contra do idioma galego nos diferentes ámbitos.

# Informamos á Xunta de Galiza de que as medidas adoptadas contra a lingua galega desde o pasado mes de abril supoñen unha vulneración de tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos subscritos polo Estado español, como o Pacto internacional de dereitos civís e políticos ou a Carta europea de linguas rexionais ou minoritarias.

Neste sentido, resulta de especial gravidade que o Goberno galego non tivese en conta o último informe que o Comité de Expertos do Consello de Europa emitiu hai apenas uns meses sobre a situación lingüística de Galiza. Non é só que non se puxese en marcha ningunha das medidas recomendadas para dar cumprimento á Carta europea, senón que se desmantelaron algúns dos proxectos máis aplaudidos polo Consello de Europa, como as Galescolas, que era a única rede de ensino infantil que contemplaba con normalidade o uso do galego en cancións e xogos.

# Se a Xunta continuar coa súa política de desprotección dos dereitos da comunidade lingüística galega e de incumprimento dos tratados internacionais sobre dereitos lingüísticos, desde o Comité de Estado do EBLUL trasladaremos esta situación aos diferentes foros internacionais en que se encontra presente.


Nova en Xornal.com

Nova en Vieiros.

Nova sacada da páxina web da MESA
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 27-11-2009 20:27
# Ligazón permanente a este artigo
Escolas Viaxeiras
Este luns 23 de novembro remata o prazo para presentar as solicitudes despois que a reunión do venres 20 de novembro asistiran só 10 pais/nais de 4º curso (o elexido este ano para esta actividade) Quedan 5 prazas que se sortearan o luns entre aqueles que se presenten . O martes entregarase a documentación definitiva na delegación de Pontevedra


Que son as Escolas Viaxeiras?

As Escolas Viaxeiras cumpren unha función importante ao facilitarlles aos alumnos a posibilidade de realizaren múltiples actividades de tipo formativo-cultural fóra do medio propiamente escolar.

Convocatoria 2010.

A quen van dirixidas?
Alumnado de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria. Grupos de entre 12 e 15 acompañados por un profesor/a. Convocadas 540 axudas (36 grupos).

Cando se realizan?
Unha semana, durante os meses de marzo, xuño, setembro, e decembro.

Catálogo de rutas
Andalucía Occidental, Andalucía Oriental, Asturias, Cataluña, Navarra, Aragón, Toledo, Burgos, Salamanca, Soria, Estremadura, Madrid, Murcia, A Rioxa, Baleares, Euskadi, Cantabria, Melilla, C. Valenciana e Gran Canaria.

Prazo de presentación
Ata o 25 de novembro.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-11-2009 13:03
# Ligazón permanente a este artigo
Pídese a volta ó consenso
agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 21-11-2009 08:14
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0