Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
DINAMIZANDO A LINGUA


    DINAMIZANDO A LINGUA



O noso perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Xa se pode falar en galego no Senado
O Senado aprobou esta cuarta feira a toma en consideración dunha iniciativa para ampliar o uso das linguas oficiais na Cámara co voto en contra do PP, que considera que este uso terá un importante custo económico para "algo que non é urxente nin necesario", e que "non é constitucional".

Falar galego no senado non é constitucional?

Para quen non é necesario?

Ver nova en Vieiros.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 28-04-2010 23:08
# Ligazón permanente a este artigo
O que hai que facer !!!


O que temos que facer para conservar a nosa lingua!!!!

E aínda hai quen quere sacarlle espazos no ensino ó galego. Dende logo algúns dan pena.

Un grolo por estes rapaces.

Ver tamén "O Galego nas cidades"
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-04-2010 21:48
# Ligazón permanente a este artigo
Os ciberirmandiños
Sabedes que a enciclopedia de referencia en Internet, a Wikipedia, ten en galego a décima parte dos artigos que en español, pese a que a porcentaxe de galegofalantes no mundo é 0,7% da de hispano falantes? Que hai aplicacións informáticas que se traducen antes ao noso idioma que ao francés ou ao alemán? Que tamén está traducida Facebook, a rede social que tende a ter tantos membros no mundo como usuarios de Internet, e na súa irmá emerxente, Twitter, o galego está entre os 20 idiomas máis usados? O idioma propio de Galicia ten unha presenza na Rede moito máis elevada que nos medios de difusión tradicionais, e todo iso non con subvencións oficiais, como reza o mantra neoliberal, senón grazas ao esforzo desinteresado de milleiros de persoas.

Ver nova na prensa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 09-04-2010 19:06
# Ligazón permanente a este artigo
O panel de Normalización Lingüística
De Varias
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 31-03-2010 11:21
# Ligazón permanente a este artigo
Xustificación de multas por non rotular en catalán
O xulgado do contencioso administrativo número 9 de Barcelona asestou este martes un serio revés aos axentes políticos, sociais e mediáticos que, máis desde fóra que desde dentro de Catalunya, cuestionan as políticas de normalización lingüística que nos últimos trinta anos levaron a cabo os gobernos da Generalitat. A maxistrada María José Moseñe García deu por boa a actuación da Agència Catalá do Consum e desestimou o recurso do propietario de Leiras Nevot, Manel Nevot, que se negou a usar o catalán na rotulación do seu negocio.

O empresario de Vilanova i a Geltrú (Barcelona) foi sancionado en marzo de 2007 con dúas multas de 400 euros. A primeira por non rotular en catalán e a segunda por non dispor de follas de reclamación.

Nevot recorreu en 2008 baseándose no carácter inconstitucional que, segundo el, tiñan as sancións e no atentado á súa liberdade de expresión. Citaba artigos da Carta Magna e tratados internacionais.

A xuíz recorda que o deber de usar "polo menos" o catalán nos rótulos responde á política de "fomento ou incentivación" do mesmo que o Tribunal Constitucional (TC) declarou "lexítimo" e que non "exclúe" ao castelán ou calquera outra lingua. Varias sentenzas do TC, na maioría dos casos referidas á política educativa, xa avalaron nos últimos anos á Generalitat.
"Non é unha imposición"

A xuíz afirma que "non é unha imposición dun idioma coa exclusión doutro senón simplemente unha regulación de mínimos". Nevot argumentou que a Constitución garante o status do castelán. Segundo a sentenza, iso é "perfectamente compatible" coa norma autonómica.

A maxistrada recorda que o TC recoñeceu o dereito do Estado a fixar na normativa relativa ao consumo a obrigación de usar o castelán. Unha fórmula á que a Generalitat ten "igual dereito" en relación ao catalán, "lingua propia" de Catalunya segundo o Estatut. A xuíz dá por feito que Nevot vulnerou os dereitos dos consumidores catalanohablantes.

O empresario chegou ao gran público no programa de TVE Teño unha pregunta para vostede cando denunciou ante Mariano Rajoy o seu caso. En marzo de 2008, nun debate televisado con José Luís Rodríguez Zapatero, o xefe da oposición botou en cara ao presidente o asunto.

O seu caso e outros similares foron tomados como bandeira por formacións españolistas minoritarias como Cidadáns e UPyD, que levaron de novo ao PP a postulados contrarios á discriminación positiva do catalán. En xaneiro uns e outros se manifestaron contra as "multas lingüísticas" e a dereita mediática jaleó a judicialización do asunto.

Nevot exporase agora recorrer a instancias superiores ou internacionais. Xa afirmou ante a xuíz que, se non presentaba ela cuestión de inconstitucionalidade contra a lei de política lingüística de 1998 que avala a sanción, faríao el mesmo.


Ver nova na prensa
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-03-2010 00:05
# Ligazón permanente a este artigo
Concurso Relato Oral Tíralle da lingua
"Tíralle da lingua" é un proxecto da AS-PG, dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país, cos obxectivos de normalizar o uso oral da nosa lingua, de converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias, etc. A inscrición no concurso está aberta até o 16 de abril e a fase final terá lugar o día 28 de abril en Santiago de Compostela.

Bases do concurso

1ª As historias poderán ser de base popular, de base literaria ou creación propia.

2ª As historias contaranse en galego.

3ª Nas historias valorarase a calidade lingüística e o seu carácter construtivo e pedagóxico (linguaxe non discriminatoria, linguaxe non sexista...)

4ª Os/as participantes concursarán individualmente ou en grupo, mais sempre respetando o tempo máximo por actuación que será de 5 minutos. A superación dese tempo pode supor a descualificación. Poderán participar cun máximo dunha historia.

5ª O concurso vai destinado a tres niveis académicos.

1) Primaria.

2) 1º Ciclo de ESO.

3) 2º Ciclo de ESO e ensino postobrigatorio.

6ª O concurso farase en dúas fases con carácter selectivo:

1) A nivel centro de ensino.

2) A nivel nacional.

7ª Na primeira fase será o propio centro o que determine e se responsabilice dos posíbeis premios aos concursantes. O número de concursantes que pasarán da primeira á segunda fase determinarase en función da participación, o que se lles comunicará aos centros.

8ª A formalización da inscrición no concurso por parte dos centros realizarase antes do día 16 de abril enviando un e-mail a: informacion@as-pg.com, no prazo de tres días recibirán confirmación da inscrición e dos datos que deben completar.

9ª A fase final celebrarase o 28 de abril en Santiago, no Teatro Principal, en dous grupos diferentes: un para primaria e primeiro ciclo de secundaria e outro para segundo ciclo de secundario e ensino postobrigatorio.

10ª Na fase final concederase un primeiro premiio por nivel cun valor de 250 euros e un segundo, se o xurado así o considera por valor de 150 euros. Os centros de ensino dos participantes gañadores recibirán un premio do mesmo importe.

11ª O xurado estará composto por tres persoas alleas aos centros participantes con experiencia nestas actividades, e actuará de secretario/a un representante de Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG).

12ª O xurado emitirá o ditame o mesmo día da celebración do concurso.

13ª A participación no concurso supón a aceitación íntegra das presentes bases.

Organiza: Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG)
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 18-02-2010 18:50
# Ligazón permanente a este artigo
Apoio ó galego dende fora

Ver nova no Xornal.
Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 12-02-2010 23:22
# Ligazón permanente a este artigo
Ver na rede, EN LIÑA, 55 mentiras sobre a lingua

Hoxe, venres día 5 de febreiro de 2010 ás 20,30 h, restrasmisión EN LIÑA (on line) na páxina web de Prolingua, a presentación do libro 55 mentiras sobre a lingua.

Tamén se pode asistir á Galería Sargadelos en Pontevedra, e moitos outros sitios.

Resumo de 20 mentiras das 55:




Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 05-02-2010 16:46
# Ligazón permanente a este artigo
Gorakaka Teatro
Este domingo, 7 de febreiro, ás 12:00 e 18:30 h, no Teatro Principal de Pontevedra.

"La ciudad inventada"

" As cidades están en constante movemento, cada vez acollen máis xente que ven doutras culturas, doutras formas de ver a vida, doutros contos. Todas elas conviven na cidade dando lugar a unha historia moderna e mestiza representada mediante títeres, na que os mosntruos, secuestros e a amizade farán reflexionar aos máis pequenos a cerca da vida neste pequeno mundo".

Gorakada teatro presenta este espectáculo colaborador co Salón do Libro que comeza este domingo e na súa XI edición terá como tema central A Cidade.

Duración: 55 minutos.

Idade recomendada: a partir de 5 anos.

As entradas para este e outros espectáculos en sesión matinal do ciclo Domingos do Principal pódense adquirir anticipadamente en caixagalicia.es ou no teléfono 902 43 44 43 ata 3 horas antes do comezo do espectaculo ou fin de localidades. As entradas restantes, no caso de haber disponibilidade, poderán adquirirse o mesmo día da función na billeteira do Teatro Principal dende duas horas antes. O prezo e de 3,00 ? por persoa e espectáculo.




Departamento de Comunicación
Pazo da Cultura de Pontevedra
Rúa Alexandre Bóveda, s/n
36005 Pontevedra
Teléfono: 986 83 30 61
Fax: 986 87 40 70
comunicacion@pazodacultura.org
www.pazodacultura.org


Comentarios (0) - Categoría: Novas - Publicado o 04-02-2010 15:41
# Ligazón permanente a este artigo
Salón do Libro en Pontevedra

Comentarios (2) - Categoría: Novas - Publicado o 02-02-2010 18:36
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2 [3]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Contadores Gratis



Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0